José Manuel Vázquez Varela, nado na Coruña o 21 de decembro de 1946,[1] é un historiador galego.
Doutor en Filosofía e Letras (sección de Historia), foi catedrático de Prehistoria e Etnoloxía na Universidade de Santiago de Compostela,[1][2] en cuxa Facultade de Xeografía e Historia (Departamento de Historia I) impartiu clases de Fundamentos da Etnoloxía e de Prehistoria do Novo Mundo. Estudoso dos aspectos económicos, sociais, ideolóxicos e relixiosos da Prehistoria en Galicia, escribiu numerosos traballos sobre estes temas.[3] Está xubilado.[4]
|format=
|url=