O zona urbana de Papeete tiña unha poboación total de 136 771 habitantes no censo de agosto de 2017, 26 926 dos cales vivían na propia comuna de Papeete.[3]
Xeografía
A comuna de Papeete subdivídese en once barrios (distritos):[4]
O crecemento da cidade viuse impulsado pola decisión de trasladar os ensaios de armas nucleares desde Alxeria aos atois de Mururoa e Fangataufa, a uns 1500 km ao leste de Tahití, isto orixinou a construción do aeroporto de Faa xunto a Pape'ete, o único aeroporto internacional na Polinesia Francesa. En 1983, a Igrexa de Xesús Cristo dos Santos dos Últimos Días construíron aquí o Templo de Papeete debido á gran cantidade de membros na rexión. O 5 de setembro de 1995, o goberno de Jacques Chirac levou a cabo a primeira da última serie de detonacións de ensaios nucleares nas costas de Moruroa. As manifestacións e os violentos disturbios en Papeete duraron dous días e danaron o aeroporto internacional, feriron a 40 persoas, e arredaron o turismo durante algún tempo [5][6] (Disturbios similares producironse logo doutra proba nuclear francesa na mesma zona en 1987). Nos altercados foron atacados, sobre todo, intereses franceses.
Demografía
A área urbana de Papeete ten unha poboación total de 133.627 habitantes no censo de xuño de 2012, 25.769 dos cales vivían na comuna. A área urbana de Papeete está composta por sete comunas. Se enumeran de nordé a suroeste:
↑O nome de Papeete ás veces escríbese Pape'ete en tahitiano, utilizando o apóstrofo para representar a parada glotal, promovida pola Académie Tahitienne e eceptada polo goberno territorial (ver [1]). Este apóstrofe, con todo, a miúdo se omite. Arquivado 2015-09-24 en Wayback Machine.