No censo de agosto de 2014, había 179.509 habitantes na área metropolitana da Gran Nouméa (francés: agglomération du Grand Nouméa), dos que 99.926 vivían na cidade ( comuna) de Nouméa propiamente.[1] O 66,8% da poboación de Nova Caledonia reside en Gran Nouméa, que abarca as comunas de Nouméa, Le Mont-Dore, Dumbéa e Païta.
Localización e características
A cidade está situada nunha península da parte suroccidental da illa de Nova Caledonia.
Tamén é a maior cidade francófona de Oceanía. A poboación rolda os 100.00 habitantes que tornan uns 146.000 contando todo o contorno urbano. A cidade caracterízase pola súa multietnicidade, podendo encontrar diversas etnias: a metade dos habitantes é de orixe caldoque, pero tamén conta cunha forte proporción de orixe kanaka, asiáticos e polinesios.
Historia
O primeiro europeo en establecer un asentamento nas inmediacións foi o comerciante británico James Paddon en 1851. Ansioso de afirmar o control da illa, os franceses estableceron un asentamento nas proximidades tres anos despois en 1854, trasladándose desde Balade no norte da illa. Este asentamento chamouse inicialmente Port-de-France e pasou a chamarse Nouméa en 1866. A zona serviu primeiro como colonia penal, despois como centro para a exportación do níquel e ouro que extraíase nas proximidades.
Durante a segunda guerra mundial, Nouméa actuou como sede do exército dos Estados Unidos no Pacífico Sur. O complexo de cinco lados da sede militar dos Estados Unidos adoptouse despois da guerra como base dunha nova organización rexional de desenvolvemento intergubernamental: a Comisión do Pacífico Sur, máis tarde coñecida como Secretaría da Comunidade Pacífica, e máis tarde aínda como Comunidade do Pacífico.
A cidade mantén gran parte da mestura única de Nova Caledonia coa cultura francesa e antiga cultura melanesia. Aínda hoxe perdura a influencia militar de guerra dos Estados Unidos, tanto co calor que moitos neo-caledoneses senten cara aos Estados Unidos despois de experimentar a relativa amabilidade dos soldados americanos como cos nomes de varios dos barrios de Nouméa. Distritos como "Receiving" e "Robinson", ou mesmo "Motor Pool", golpean o oído angloparlarte, ata que o contexto histórico queda claro.
Demografía
A zona urbana da Gran Nouméa (francés: agglomération du Grand Nouméa ) tiña no censo de agosto de 2014 unha poboación total de 179.509 habitantes, 99.926 dos cales vivían na comuna de Nouméa propiamente.[1]
A área urbana de Gran Nouméa está composta por catro comunas:
20´5% outras comunidades (este grupo inclúe en particular aos brancos de Nova Caledonia que se negaron a autoidentificarse como "europeos")
Linguas
No censo de 2009, o 98´7% da poboación na área urbana da Gran Nouméa cuxa idade era de 15 anos ou máis declararon que podían falar francés. O 97´1% declarou que tamén o podía leelo e escribilo. Só o 1´3% da poboación cuxa idade era de 15 anos ou máis non sabía o francés.[4]
No mesmo censo, o 20´8% da poboación na área urbana do Gran Nouméa cuxa idade era de 15 anos ou máis declarou que podía falar polo menos unha das linguas kanaka. O 4,3% declarou que podía entender unha lingua kanaka pero non falala. O 74´9% da poboación cuxa idade era de 15 anos ou máis non tiña coñecemento de ningunha lingua Kanaka.[5]