Yaren (anteriormente chamada Makwa) é un distrito de Nauru. Posto que en Nauru non hai presenza de núcleos urbanos ben definidos, este distrito transformouse na capital non oficial do país, xa que nel atópase o centro do goberno.
Descrición
Yaren é unha pequena localidade localizada na costa suroccidental de Nauru. Yaren é o principal centro administrativo do país, onde se atopa o parlamento do país, a sede de goberno e o seu tribunal supremo. Nas súas proximidades hai un aeroporto internacional que é o único vínculo da illa co mundo, dado que o seu único porto está dedicado á atracada de cargueiros que transportan o fosfato de Nauru, a súa principal fonte de riqueza.
En Yaren hai ao redor de 1 100 habitantes.
É un clima tropical, con estacións de choiva definidas e temperaturas altas durante todo o ano.