Os Ancares lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá

Modelo:Xeografía físicaOs Ancares lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá
Imaxe
TipoReserva da biosfera Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaNavia de Suarna, España, Cervantes, España e Becerreá, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°53′54″N 6°58′42″O / 42.8983, -6.9783
Características
Superficie53.664 ha Editar o valor en Wikidata
Reserva da biosfera  
IdentificadorEntrada: rerb.oapn.es… Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación2006 Editar o valor en Wikidata

A Reserva da biosfera dos Ancares Lucenses, e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá[1] é unha reserva do Programa sobre o Home e a Biosfera da Unesco, situada na parte oriental da provincia de Lugo, en Galicia (España), comprende tres dos seis concellos que conforman a Comarca dos Ancares.

O organismo encargado da súa xestión é a Deputación Provincial de Lugo. Esta Reserva limita coa Reserva da Biosfera dos Ancares Leoneses.

Características

Declarada Reserva da Biosfera no 2006, cobre unha superficie de 53.664 ha da serra dos Ancares, e comprende os concellos de Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá[2] e protexe unha das comarcas galegas con máis valor natural, xeolóxico, etnográfico e histórico. A Reserva ten unha poboación total de 3.252 habitantes, repartidos en 250 entidades poblacionales dispersas no territorio dos tres concellos citados. Destacan tamén os seus valores etnográficos como as típicas pallozas dos Ancares.

É unha área de clima atlántico de alta e media montaña, onde destaca a gran biodiversidade producida pola situación do enclave entre as macrorexións biolóxicas Eurosiberiana e Mediterránea. Esta característica fai que ao carón de especies tipicamente atlánticas se poidan atopar outras propias do Mediterráneo.

A paisaxe está formada por profundos vales dos ríos de montaña que drenan ao río Navia, provocando que a reserva teña uns 1.600 m de desnivel entre o leito do río Navia situado a 300 m de altitude e os 1.935 m do cumio do pico Mustallar.

Flora e fauna

Subida ao Corno Maldito

Destacan as fragas compostas por grandes masas arbóreas de carballos e bidueiros, con presenza de acivro, especie protexida en Galicia, e dalgúns aciñeirais (Aciñerial de Cruzul). Os Ancares lucenses son ademais o límite occidental da faia en Europa (Faial da Pintinidoira), e presentan zonas de turbeiras de alvéolo de grande valor paleopolinolóxico. Contén 35 tipos de hábitats de flora de interese comunitario, dos que 10 son de interese prioritario, e especies en vía de extinción como o fento Lycopodiella inundata e o briófito Zygodon conoideus.

Algunhas especies de alto valor para a conservación tamén habitan a reserva, como o cangrexo de río europeo, a pita do monte, e o oso pardo. A práctica da gandaría extensiva e a abundancia de ungulados silvestres permitiron que os lobos nunca desaparecesen da zona.

Mapa de localización

Mapa

Proteción adicional

A área da reserva goza tamén doutras figuras de protección ambiental adicionais:[3]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!