O fillo de Astérix (en francés: Le Fils d'Astérix) é o vixésimo sétimo volume da serie de banda deseñada Astérix, publicado orixinalmente en francés en 1983. É o terceiro título da serie escrito e ilustrado en solitario por Albert Uderzo.[1][2]
Foi traducido ó galego por Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto e publicado pola Editorial Bruño en 2008, nun volume conxunto cos títulos O gran foxo e A odisea de Astérix.[3]