Astérix o Galo (en francés: Astérix le Gaulois) é un filme franco-belga de 1967 dirixido por Ray Goossens. Baséase na banda deseñada homónima, que foi o primeiro libro da popular serie Astérix de Goscinny e Uderzo. O filme segue fielmente o argumento do libro.
O filme foi orixinalmente proposto para ser estreado na televisión francesa, pero finalmente foi estreado nos cinemas. Foi producido por Dargaud, publicador da banda deseñada Astérix, sen a participación de Albert Uderzo e René Goscinny. Goscinny e Uderzo non se amosaron satisfeitos co filme, e a partir de entón participar nos seguintes filmes, como Astérix e Cleopatra.
Foi editado en DVD pola TVG coa dobraxe en galego.[1]