A Milán-Sanremo (en italiano Milano-Sanremo) é unha carreira ciclista anual que ten lugar entre as cidades italianas de Milán e Sanremo. Na actualidade, é a carreira dun só día (clásica) ciclista máis longa cos seus 294 km. A primeira edición tivo lugar en 1907. É unha das cinco clásicas que se catalogan como Monumentos do ciclismo
O seu percorrido está especialmente adaptado ós sprinters. Nisto contrástase co Giro da Lombardía, centrado nos escaladores. Ten lugar durante a primavera.
Historia e características
Nun principio, a maior dificultade do percorrido era o Passo del Turchino, pero coa mellora das bicicletas e dos ciclistas agora está demasiado lonxe da meta para facer diferenzas. Isto levou á introdución, nos anos 60-80, de dous novos portos de montaña: o Poggio e o Cipressa. Aínda así, a carreira adoita rematar nun sprint.
O ciclista con máis vitorias desta clásica no seu haber é Eddy Merckx (7). Ó situarse tan preto do principio da temporada ciclista, a Milán-Sanremo supón unha proba para ver o nivel de forza dos corredores máis rápidos, que son os que adoitan obter a vitoria (aínda que houbo notables excepcións).
Gañadores