A Frecha Valoa (oficialmente e en francés: La Flèche Wallonne) é unha clásica ciclista de primavera que se disputa en Bélxica cada cuarto domingo de abril. Xunto coa Amstel Gold Race e a Liexa-Bastogne-Liexa compón as tres Clásicas das Ardenas. Tamén forma parte do UCI WorldTour, aínda que non está considerada un dos monumentos do ciclismo.
O percorrido non é fixo. En diferentes épocas, ten saído de moitos lugares da zona, porén, dende a edición do ano 1983 a chegada da carreira está fixada no Muro de Huy, unha subida de 204 metros de lonxitude cunhas pendentes que chegan ao 26% e que se pasa varias veces durante a proba.
O español Alejandro Valverde é o home con máis vitorias con cinco, das cales catro son consecutivas.
Frecha Valoa feminina
Dende o ano 1998, a proba tamén conta cunha proba feminina que oficialmente se denomina La Flèche Wallonne Féminine. Dende a súa creación sempre formou parte da Copa do Mundo. Desde a súa creación no ano 2016 forma parte do UCI WorldTour feminino. Conta con arredor da metade de quilometraxe da proba masculina debido a que xa comeza en Huy con simlares características.
As únicas persoas que igualan a Alejandro Valverde en número de vitorias na Flèche son Marianne Vos e Anna van der Breggen que tamén acadaron cinco, no caso de Anna van der Breggen xeito consecutivo.
Palmarés
Masculino
Feminino
Palmarés por países
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas