A Liexa-Bastogne-Liexa é a máis antiga das clásicas. A súa primeira edición tivo lugar en 1894. Trátase dunha carreira dun día considerada como un dos Monumentos do ciclismo que forma parte do UCI WorldTour e das tres Clásicas das Ardenas.
Dispútase o cuarto domingo do mes de abril nun percorrido que sae e remata en Liexa pasando durante el por Bastoña.
O corredor belga Eddy Merckx ostenta o récord de vitorias, cun total de cinco entre os anos 1969 e 1975. O actual campión é o españolAlejandro Valverde que posúe catro vitorias.
Dende o ano 2017 disputase tamén a versión feminina na que Anna van der Breggen é a ciclista con máis vitorias o conseguir dúas.