A Volta a Turquía (en turco: Cumhurbaşkanlığı Bisiklet Turu) é unha volta ciclista por etapas que se disputa en Turquía todos os anos. Conta con categoría 2.HC do UCI Europe Tour dende o 2010, aínda que anteriormente contou con outros coeficientes. Dende o 2006, tivo categoría 2.2 mentres que entre o 2008 e o 2010 contou con coeficiente 2.1.
Dispútase dende o ano 2002, aínda que dende 1967 xa se levaban disputando outras edicións illadas. A primeira edición foi afeccionada mentres que as dúas seguintes xa foron da máxima categoría afeccionada, a 2.6. e logo de 2.5 (última gategoría profesional). Dende a creación dos Circuítos Continentais UCI sempre formou parte do circuíto europeo, aínda que non sempre co mesmo coeficiente.
Realízase en oito etapas, aínda que nalgunhas ocasións a primeira é un prólogo ou unha carreira de exhibición. Normalmente, saía de Istambul e acababa en Alanya, porén dende a edición de 2012 vense facendo ao revés, con inicio en Alanya e chegada en Istambul.