Mar Vermello |
Tipo | mar |
---|
Epónimo | vermello |
---|
Parte de | Océano Índico |
---|
|
Comparte fronteira con | África do Norte Oriente Medio |
---|
Afluentes | Rio Barka (pt) , Rio Aligide (pt) , Rio Comaile (pt) , Fah River (en) , Naẖal Gar‘init (en) , Naẖal Garof (en) , Naẖal Shaẖmon (en) , Naẖal Shelomo (en) , Nahal Gishron (en) , Nahal Roded (en) , Rio Wadi Laba (pt) , Wadi Watir (en) , Rio Wokiro (pt) |
---|
|
Altitude | 0 m |
---|
Profundidade | 3.040 m |
---|
Dimensións | 355 () km
|
---|
Atravesa | Exipto, Arabia Saudita, Sudán, Djibuti, Eritrea, Iemen, Israel e Xordania |
---|
Superficie | 445.816 km² 438.000 km² |
---|
|
|
O mar Vermello é unha baía do océano Índico entre África e Asia. Ao sur comunícase co océano Índico polo estreito de Bab el-Mandeb e o golfo de Adén. Ao norte atópase a península do Sinaí, o golfo de Aqaba e o canal de Suez, que permite a comunicación co mar Mediterráneo.[1][2]
Características
Ten pouco máis de 1900 km de longo, un largo máximo de 300 km e unha profundidade máxima de 2500 m na foxa media central, cunha profundidade media de 500 m. A superficie do Mar Vermello é duns 450.000 km².
Hai unha gran cantidade de formacións coralinas pola exuberancia de vida submarina, con gran variedade de peixes e corais. Está poboado por máis de 1.000 especies de invertebrados, de 200 especies de corais e de, polo menos, 300 especies de tiburóns. O Mar Vermello é un destino turístico de sona, sobre todo entre os mergulladores.
As temperaturas da superficie son relativamente constantes, entre 21 e 25 °C. A visibilidade é bastante boa até os 200 m de profundidade, mais pódense levantar ventos fortes rapidamente e as correntes vólvense perigosas.
A creación do Mar Vermello débese á separación de África e a Península Arábiga (Asia). O movemento comezou hai uns trinta millóns de anos e mantense na actualidade, o que explica a existencia de actividade volcánica nas partes máis fondas. O modelo de Tuzo Wilson asegura que o Mar Vermello se converterá nun océano, e parece verse confirmado polo aumento da chamada 'fenda de África'.
Os países lindantes co Mar Vermello son Exipto, Sudán, Eritrea e Djibuti na beira africana e Israel, Xordania, Arabia Saudita e o Iemen na beira asiática. Algunhas cidades costeiras do Mar Vermello son: Assab, Port Sudan, Port Safaga, Hurghada, Suéz, Sharm el-Sheikh, Eilat, Acaba, Dahad, Jedda ou Al-Hudaidah.
Notas