O mar de Barents é unha parte do océano Ártico, situado ao norte de Noruega e de Rusia. Leva o nome do navegante holandés Willem Barents. É unha plataforma continental bastante profunda (230 m de media), rodeada polo mar de Noruega ao oeste, o arquipélago de Svalbard (Noruega) ao noroeste, e as illas de Terra de Francisco Xosé e Nova Cembla (Rusia) ao leste e nordeste.
Os portos de Múrmansk (Rusia) e Vardø (Noruega) atópanse na metade meridional do mar de Barents, e permanecen libres de xeos ao longo de todo o ano debido ás correntes do océano Atlántico norte. En setembro, practicamente todo o mar de Barents está libre de xeo.
Véxase tamén