Manuel Uhía

Modelo:BiografíaManuel Uhía
Biografía
Nacemento3 de xuño de 1944 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Portonovo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Municipal de Artes e Oficios de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoIlustración e gráficos Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, ilustrador e escritor
ProfesoresLuís Torras e Camilo Nogueira Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeBeatriz Castro Ponte Editar o valor en Wikidata
FillosEdith (1974) e Iria (1982) Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX938750 BUSC: uhia-manolo-1944

Manuel Uhía Lima, ou Manolo Uhía, nado en Portonovo (Sanxenxo) o 3 de xuño de 1944[1], e residente en Vigo, é un pintor, ilustrador e escritor de literatura infantil, galego.

Traxectoria

Estudou debuxo, pintura e escultura na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, onde tivo como profesores a Luís Torras e Camilo Nogueira Martínez.[2]

Traballou para Alfaguara, Anaya, Bosquil Ediciones, Bruño, Casals, Edebé, Edelvives, Everest, Galaxia, Planeta/Oxford, Siruela, SM, axencia Vitruvio Leo Burnett, Edicións Xerais de Galicia e Xunta de Galicia.[3]

Obra literaria

Obra propia son os seguintes títulos:

  • Pinturiño, 1996, Edelvives.
  • O rato que lle puxo o cascabel ó gato, 1998, Bruño.
  • ¡Piratas na buguina!, 2000, Everest.
  • O anel, 2001, Casals.
  • Evaristo, un corvo moi listo, 2002, Everest.
  • O paraestrelas, 2003, Edelvives.
  • O loro adiviño, 2004.[4]
  • O caracol sen sol, 2005, Everest.
  • O autobús da selva, 2008, Tambre, despois traducido ao catalán.[5]
  • Medusiña e familia, 2009, Everest.
  • O monstro das profundidades, 2012, Everest.

Así mesmo, ilustrou máis dun cento de libros de, entre outros autores, An Alfaya, Roberto Aliaga, Xosé María Álvarez Blázquez, Xoán Babarro, Concha Blanco, Paula Carballeira, Ramón Caride Ogando, Fina Casalderrey, Carlos Casares, Xosé Cermeño, Jean-Marie Gustave Le Clézio, Juan Farias, Ana María Fernández Martínez, Francisco Xosé Fernández Naval, Agustín Fernández Paz, Xosé Lois García Fernández, Antonio García Teijeiro, Bernardino Graña, Úrsula Heinze, Joseph Joffo, Xabier López, Manuel Lourenzo González, Lourdes Maceiras, Paco Martín, Xosé Miranda, Serafín Moralejo, María Victoria Moreno, Uxío Novoneyra, Antonio Reigosa, Clara do Roxo, Gloria Sánchez, Domingo Tabuyo Romero e Michel Tournier.[6]

Notas

  1. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Uhía Lima, Manuel". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 569. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. Manuel Uhía na Biblioteca Virtual Galega.
  3. "pencil-ilustradores.com". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2017. Consultado o 07 de decembro de 2017. 
  4. O loro adiviño. Texto íntegro
  5. "L´autobús de la selva". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-27. 
  6. Biblioteca Nacional de España

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!