Lionor de Trastámara

Modelo:BiografíaLionor de Trastámara

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1360 Editar o valor en Wikidata
Reino de Aragón Editar o valor en Wikidata
Morte27 de febreiro de 1416 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (55/56 anos)
Olite, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Santa María da Asunción de Pamplona Editar o valor en Wikidata
Consorte real de Navarra
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónraíña Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloInfanta de Castela
Consorte real de Navarra
Raíña consorte Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Trastámara Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCarlos III de Navarra (1375 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosXoana de Navarra e Castela, Beatriz de Évreux, Branca I de Navarra, Sabela de Navarra, Carlos de Navarra, Lois de Navarra Editar o valor en Wikidata
PaisHenrique II de Castela Editar o valor en Wikidata  e Xoana Manuel de Villena Editar o valor en Wikidata
IrmánsBeatriz de Castela
Fadrique de Castela
Xoán I de Castela
Afonso Enríquez de Castela
Lionor de Castela
Henrique de Castela
Pedro Enríquez de Castela
Einés Enríquez de Castela
Sabela Enríquez de Castela Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
3 de xuño de 1403 (Gregoriano)coroación (Catedral de Santa María da Asunción de Pamplona) Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1297058 WikiTree: Enriquez-19

Lionor de Trastámara,[1] tamén coñecida como Lionor de Trastámara e Borgoña e como Lionor de Castela, nada en 1362 e finada en Pamplona en 1415, foi infanta de Castela e León, e raíña consorte de Navarra desde o 1 de xaneiro de 1387 até a súa morte, o 5 de marzo de 1416.

Orixes famiiares

Lionor era filla de do rei Henrique II de Castela e da infanta Xoana Manuel,[2][3][4][5] derradeira filla do escritor e home político, Don Juan Manuel, duque de Peñafiel e da súa terceira muller, Branca de la Cerda, filla de Fernando de la Cerda.

Este Fernando era o segundo fillo de Fernando de la Cerda (fillo do rei de Castela e León, Afonso X de Castela o Sabio e Violante de Aragón), e de Branca de Francia (filla do rei de Francia, Lois IX San Lois, e de Margarida da Provenza), e de Xoana Núñez de Lara, chamada la Palomilla, que era filla de Xoán Núñez de Lara, o Gordo, señor de Lara e soberano de Biscaia, e de Teresa Álvarez de Azagra, señora de Albarracín.

Branca de la Cerda era herdeira das posesións da familia Lara agás da señoría de Biscaia.

Traxectoria

En 1371, tras o tratado de Alcoutim entre Castela e Portugal, propiciado polo papa Gregorio XI, ademais da paz na segunda guerra fernandina (1372-1373),[6] decidiuse que o rei de Portugal Fernando I, ademais de renunciar ao Reino de Castela, casaría con Lionor.[2][7] Pero Fernando, que naquel momento estaba namorado de Lionor Telles de Menezes, esposa dun nobre da súa Corte, comezou unha relación con ela, e o proxectado matrimonio con Lionor de Trastámara nunca se celebrou. Fernando, en 1372, tivo éxito na petición da anulación do anterior matrimonio da súa amante, e casou finalmente con ela.[8] O compromiso entre Fernando I de Portugal e Lionor foi anulado no tratado de Tui en 1372.[9] [10]

En 1373, despois da vitoria de Henrique II na guerra que mantivera contra o Reino de Navarra, que obrigou ao rei Carlos II a romper a alianza militar que tiña con Inglaterra, e conseguiu que non concertara alianzas matrimoniais coa mesma, e que prohibiría o paso por Navarra de calquera inimigo de Castela (vitoria importante porque debilitaba a Inglaterra na guerra dos cen anos), para mitigar as diferenzas con Navarra, Lionor foi comprometida co herdeiro á súa coroa Carlos (o futuro Carlos III),[11][12] fillo varón primoxénito do rei Carlos II e de Xoana de Valois, filla do rei de Francia, Xoán II e Bona de Luxemburgo. O matrimonio celebrouse en Soria, o 27 de maio de 1375.[2]

En 1379, á morte do seu pai, Lionor herdou un importante señorío entre Roa e Sepúlveda, o que lle proporcionou un gran poderío político e económico. E á morte do seu sogro, Carlos II o Malo Malvagio, en 1387, Lionor convértese na raíña consorte de Navarra.

As relacións entre Lionor e o seu marido, Carlos III de Navarra, non foron idílicas e, en febreiro de 1388 separáronse. En 1390, Lionor, coa súa filla máis pequena, volveu a Castela, tras varias negociacións para que volvera, e nas que Lionor refería que en Navarra sufrira malos tratos, Carlos III conseguiu a entrega da súa filla máis vella, Xoana, para que fose educada e xurada como herdeira. Finalmente, Lionor fixou a súa residencia en Valladolid.[2]

No mesmo ano 1390, á morte do seu irmán Xoán I de Trastámara, Lionor participou de forma activa nas intrigas en Castela cando o seu neto Henrique de Trastámara era menor de idade. E cando Henrique, en 1393, chegou á maioría de idade, e dado que os enfrontamentos eran máis intensos, Lionor continuou intrigando e aliouse co seu medio irmán Federico Enríquez, duque de Benavente, e co seu primo Pedro Fadríquez, conde de Trastámara, aliñándose contra o seu neto. Entón o neto, contra a metade de 1394, asediuona no castelo de Roa, onde estaba reunida cos seus seguidores, obrigándoa a renderse.[2]

Finalmente, en febreiro de 1395, Henrique III obrigouna a volver a Navarra co seu marido. A partir de entón a relación dos esposos foi, pouco a pouco, mellorando, sendo coroada como raíña en 1403 en Pamplona, participando no goberno, como Lugartenente xeral do Reino, nas ausencias do seu esposo, e colaborando no entendemento entre o Reino de Navarra e a Coroa de Castela.

Lionor morreu en Navarra, segundo as principais fontes, o 27 de febreiro de 1415 en Olite, aínda que segundo outras, o 5 de marzo de 1416 en Pamplona.[2]

Foi sepultada na catedral de Pamplona,[2] onde foi despois acompañada polo seu marido Carlos III o Nobre, des anos máis tarde.

Matrimonio e descendencia

Froito do seu matrimonio co rei Carlos III de Navarra naceron os seguintes fillos:

Devanceiros de Lionor de Trastámara

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Sancho IV de Castela
 
 
 
 
 
 
 
8. Fenando IV de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. María de Molina
 
 
 
 
 
 
 
4. Afonso XI de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Dinís de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
9. Costanza de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Sabela de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
2. Henrique II de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Álvaro Perez de Guzmán
 
 
 
 
 
 
 
10. Pedro Núñez de Guzmán
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. María Girón
 
 
 
 
 
 
 
5. Lionor de Guzmán
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Fernán Pérez Ponce de León, señor de Cangas e La Puebla
 
 
 
 
 
 
 
11. Beatriz Ponce de León
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Urraca Gutiérrez de Meneses
 
 
 
 
 
 
 
1. Lionor de Trastámara
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Fernando III de Castela
 
 
 
 
 
 
 
12. Manuel de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Beatriz de Suabia
 
 
 
 
 
 
 
6. Juan Manuel
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Amedeo IV de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
13. Beatriz de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Cecilia de Baux
 
 
 
 
 
 
 
3. Xoana Manuel
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Fernando de la Cerda
 
 
 
 
 
 
 
14. Fernando de la Cerda
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Branca de Francia
 
 
 
 
 
 
 
7. Branca de la Cerda e Lara
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Xoán Núñez I de Lara
 
 
 
 
 
 
 
15. Xoana Núñez de Lara
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Teresa de Haro
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Xoana de Valois

Raíña consorte de Navarra

1387-1415
Sucesor:
Xermana de Foix
(en 1512)[15][16]

Notas

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-17. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Reis de Castela en Medieval Lands (en inglés).
  3. Casa de Ivrea - genealogy (en inglés).
  4. Henrique II de Trastamara en PEDIGREE] (en inglés)
  5. Henrique II de Castela - genealogie Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. en mittelalter (en alemán)
  6. Olivera Serrano 2005, p. 53-55.
  7. Teresa Pacheco: "Tratado de Alcoutim", en História de Portugal.
  8. Reis de Portugal en Medieval Lands (en inglés).
  9. Olivera Serrano 2005, p. 55.
  10. "Convenção de Tui", en José Adelino Maltez (2008): "Crónica do Pensamento Político". Dili, Timor Oriental.
  11. VV.AA. (1988): Gran Enciclopedia Larousse. Barcelona: Planeta. ISBN 84-320-7370-9.
  12. Herreros Lopetegui, Susana (1993): "Navarra en la órbita francesa". En: Historia Ilustrada de Navarra. Pamplona: Diario de Navarra. ISBN 84-604-7413-5.
  13. En xaneiro de 1406, a raíña Lionor ordenou o pago "ao convento de frailes menores de Olite en almosna por el servicio que ficieron…sobre el cuerpo de la infanta Doña María".
  14. Yanguas y Miranda 1843, p. 308.
  15. Descartando aos reis (varóns) jure uxoris, que non poden seren considerados monarcas consortes.
  16. Descartando de igual maneira a Inés de Cléveris e Margarida de Angulema, consortes dos reis titulares de Navarra Carlos IV de Viana (de 1441 a 1461) e Henrique II de Albret (de 1517 a 1530), respectivamente. Henrique II reinaría máis tarde de feito como rei de Navarra en Ultraportos (1530-1555), en aberta disputa con Carlos I de España, rei de Navarra na Alta Navarra.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!