Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
O lago Baikal (ruso: о́зеро Байка́л, Ózero Baykal; buriato: Байгал нуур, Baigal nuur; mongol: Байгал нуур, Baigal nuur, etimoloxicamente o significado en mongol e "o lago da natureza"[1]) é un lago de orixe tectónica localizado no sur da Siberia oriental (Rusia), entre o Óblast de Irkutsk no noroeste e a República dos Buriatos no sueste, preto da cidade de Irkutsk. O seu nome deriva do tártaro Bai-Kul, «lago rico». Na tradición rusa, o lago é chamado «mar», e nas linguas buriata e mongol é chamado «Dalái-Nor», ou «Mar Sagrado»[2]. Tamén se lle chama o Ollo azul de Siberia e a Perla de Asia pola calidade das súas augas, que foi das mellores do planeta e que está perdéndoa progresivamente debido á contaminación.
O Baikal é o lago do mundo que máis auga doce contén, arredor do 22-23% da auga doce mundial non conxelada[3][4][5]. Con 23 615,39 km3 de auga doce[6], contén máis auga que todos os Grandes Lagos de Norteamérica[7]. Cunha profundidade máxima de 1 642 m[6], o Baikal é tamén o lago máis profundo do mundo[8]. Está considerado como un dos lagos con menor turbidez do mundo[9] e o máis antigo[10] cunha idade de 25–30 millóns de anos[11][12]. Ao igual co Lago Tanganica, o Baikal formouse nun antigo foso tectónico tendo a típica forma longa e crecente e ocupando unha superficie 31 722 km2[6], que o converten no sétimo maior lago do mundo.
A área pouco definida arredor do lago é ás veces coñecida como Baikalia. É menos común que o concepto de Transbaikalia ou Dauria, a rexión ao leste do Baikal, fogar de miles de especies vexetais e animais, moitas das cales son endémicas da rexión[13]. É tamén o fogar dos buriatos[14][15], criando gando, cabras, camelos, ovellas e cabalos[15], onde a temperatura varía desde un mínimo de -19 °C ata un máximo de 14 °C[16].
Historia
Exploración rusa e conquista
A expansión rusa na área do pobo buriato ao redor do lago Baikal[17] entre os anos 1628-58 é considerada parte da conquista rusa de Siberia. Realizouse por primeira vez remontando o río Angara augas arriba desde a localidade de Yeniseysk (fundada en 1619) e máis tarde desprazándose cara ao sur desde o río Lena. Os rusos oíran falar por primeira vez dos buriatos en 1609 na cidade de Tomsk. De acordo con algúns contos populares relatados un século despois do feito, en 1623, Demid Pyanda, que puido ser o primeiro ruso en chegar ao Lena, cruzou desde a parte superior do Lena ao Angara e logrou alcanzar Yeniseysk.[18] Vikhor Savin (1624) e Maksim Perfilyev (1626 e 1627-28) exploraron o país dos tungus no baixo Angara. Cara ao oeste, a localidade de Krasnoyarsk, no Ienisei superior, foi fundada en 1627 e desde alí partiron cara ao leste unha serie de mal documentadas expedicións. En 1628 Piotr Beketov atopou por primeira vez un grupo de buriatos e conseguiu que lle tributasen o yasak (tributo en peles que pagaban os pobos indíxenas de Siberia) na futura sede de Bratsk. En 1629, Yakov Khripunov partiu de Tomsk para atopar unha mina de prata da que había moitos rumores. Os seus homes pronto empezaron a saquear tanto aos rusos como aos nativos. A eles uníuselles outro grupo de Krasnoyarsk, pero abandonaron o país buriato cando escasearon os alimentos. A súa incursión fixo que fose difícil que outros rusos entrasen na zona. En 1631 Maksim Perfilyev construíu un ostrog (fortaleza) en Bratsk. A pacificación tivo un éxito moderado, xa que en 1634 foi destruída Bratsk e morta a súa guarnición. (A historia conta que os buriatos, que non sabían como utilizar armas de fogo, decidiron queimar os mosquetes, xunto cos cosacos mortos. O lume provocou que as armas de fogo se disparasen e matasen a unhas poucas persoas, o que levou a pensar aos buriatos que os rusos seguían loitando logo de mortos.) En 1635 Bratsk foi reconstruída por unha expedición de castigo ao mando de Radukovskii. En 1638 foi sitiada de novo sen éxito.
En 1638 Perfilyev cruzou desde o Angara trasladandose por terra ata alcanzar o río Lena e descendeu augas abaixo ata Olyokminsk. De volta, navegou polo río Vitim na área oriental do lago Baikal (1640), onde escoitou informes sobre o país do Amur. En 1641 fundouse na parte superior do Lena unha nova localidade, Verjolensk. En 1643 Kurbat Ivanov foi máis aló remontando o Lena e converteuse no primeiro ruso que viu o lago Baikal e a illa de Oljón. A metade da súa espedición, ao mando de Skorokhodov, mantívose no lago, alcanzando o resto o Alto Angara no seu extremo norte e invernando no río Barguzin, no lado nordeste. En 1644 Iván Pokhabov subiu o Angara ata o Baikal, converténdose talvez no primeiro ruso en utilizar esa ruta, difícil debido aos rápidos. Cruzou o lago e explorou o río Selenga inferior. Cara a 1647 repetiu a viaxe, obtendo guías e visitando ao 'Tsetsen Khan' preto de Ulán Bátor. En 1648, Iván Galkin construíu un ostrog no río Barguzin que se converteu nun centro para a expansión cara ao leste. En 1652 Vasily Kolesnikov informou desde Barguzin que se podía chegar ao país de Amur, seguindo os ríos Selenga, Uda e Khilok ata alcanzar os futuros sitios de Chitá e Nerchinsk. En 1653 Piotr Beketov, na súa segunda gran viaxe para explorar e recadar impostos, tomou a ruta de Kolesnikov ata o lago Irgen, ao oeste de Chita, e ese inverno un dos seus homes, Urasov, fundou Nerchinsk, a beiras do río Nercha. A seguinte primavera tratou de ocupar Nerchensk, pero foi obrigado polos seus homes a unirse a Stephanov no Amur. Nerchinsk foi destruído polos tungus locais, pero restaurado en 1658.
Características
Con 31.722 km² de superficie, 636 km de longo, 80 km de ancho e 1680 m de profundidade (recoñecidos ata o momento), o lago Baikal é o maior dos lagos de auga doce e o máis profundo do mundo.[10] Contén 23.600 km³ de auga, equivalente ao 20 % da auga doce non conxelada de todo o planeta. É un dos lagos con menor índice de turbidez no mundo, rexistrándose marcas superiores aos 20 metros de profundidade mediante a utilización de discos Secchi.[19] O lago Baikal é tan grande que se todos os ríos na Terra depositasen as súas augas no seu interior, levaría polo menos un ano para encher.
Calcúlase que a formación do lago Baikal data de hai 25-30 millóns de anos, sendo un dos lagos máis antigos en termos de historia xeolóxica. Entre os grandes lagos de altas latitudes, é o único que non viu os seus sedimentos afectados por glaciares continentais. As investigacións dos sedimentos feitas na década de 1990 proporcionan unha relación detallada de variación climática durante os pasados 250.000 anos. Espéranse investigacións máis detalladas. Se todo o sedimento fora extraído, o lago tería 9 km (5,5 millas) de profundidade.
O lago está totalmente rodeado por montañas e contén unhas 22 illas pequenas, a maior das cales, Olkhon, ten 72 km de longo.[20] Uns 300 ríos fornecen de auga ao lago; seis dos maiores son: Selenga, que é tamén a fonte de parte da contaminación que chega a Baikal, Chikoy, Khiloh, Uda, Barguzin e Alto Angara; a auga flúe fóra do lago por unha soa vía, o río Angara.
Nalgúns sitios supera os 1.600 m de profundidade. O fondo do lago está a 1.285 m baixo o nivel do mar, sendo a fisura continental máis profunda da Terra. O seu volume (23.000 km³) é aproximadamente equivalente ao volume total dos cinco Grandes Lagos de Norteamérica, ou preto do 20% do total dos abastos de auga doce no planeta.
O Baikal é un lago de fisura nova. A fisura ensánchase uns dous centímetros por ano. A zona da falla está sismicamente activa: hai fontes de augas termais na área e ocorren terremotos notábeis cada certos anos.
Biotopo
Son poucos os lagos que poden competir co Lago Baikal en termos de biodiversidade. Tantas como 852 especies e 233 variedades de algas, máis unhas 1.550 especies e variedades de animais habitan nos arredores do lago, moitas deles especies endémicas, incluíndo a mundialmente famosa foca do Baikal (Phoca sibirica), o único mamífero que vive no lago.
O Baikal é recoñecido pola singular claridade das súas augas. O estabelecemento dunha planta de procesamento de polpa de madeira e celulosa no extremo sur do lago, orixinalmente planificada en 1957, xerou protestas silenciosas que, á súa vez, causaron un despertar ecolóxico entre a clase educada de Rusia, aínda que non na burocracia soviética. Aínda así, a dita planta continúa vertendo desperdicios nas augas de Baikal. O impacto desta contaminación no Baikal e outras afluencias similares é estudada anualmente polo Instituto Tahoe Baikal, un programa de intercambio entre científicos dos Estados Unidos, Rusia e Mongolia e estudantes graduados iniciado en 1989.
Moi pouco se coñecía do Lago Baikal até que deu comezo a construción do tren Transiberiano. O circuíto escénico que dá a volta ao redor do lago requiriu de 200 pontes e 33 túneles. Ao mesmo tempo, (1896-1902), unha numerosa expedición hidrográfica encabezada por F.K. Drizhenko produciu o primeiro atlas detallado das profundidades de Baikal.
Vida silvestre
O Lago Baikal alberga 1.085 especies de plantas e 1.550 especies e variedades de animais. Máis do 60% dos animais son endémicos; por exemplo, de 52 especies de peixes, 27 son endémicos.
Cabe salientar unha subespecie do peixe omul (Coregonus autumnalis migratorius), pescado, afumado e vendido en todos os mercados ao redor do lago. Para moitos viaxeiros do Tren transiberiano, comprar omul afumado é un dos atractivos da longa travesía.
Osos e veados tamén se poden ver nas costas do lago Baikal.
Economía
Unhas cincuenta mil persoas viven preto do lago en condicións difíciles. Os chans son pobres e o peixe e as patacas son a base da alimentación diaria. A construción do ferrocarril Baikal-Amur provocou unha chegada de poboación a zona. No extremo sur do lago, a vila de Sliudianka destaca pola fabricación de materiais para a construción e o procesamento de peixe.
A pesca practícase durante todo o ano, ata no inverno logo de perforar o xeo. As augas do lago son moi oxixenadas e, xa que logo, moi ricas. O omul (Coregonus migratorius) é un peixe moi popular pola súa carne saborosa e o esturión polo seu caviar. Debido á súa forma alargada, o Baikal é unha excelente vía navegábel nesta rexión montañosa e de difícil acceso, pero queda cuberta polo xeo preto da metade do ano e durante o inverno todos os barcos de pesca, turísticos ou para a exploración científica quedan paralizados nos portos. O tráfico non se restablece ata o desxeo.
O lago Baikal, chamado A Perla de Siberia, converteuse nun punto de atracción para a industria turística nos últimos anos provocando un auxe económico na zona.[21] O paso do tren transiberiano pola zona, tamén contribúe ao atractivo do lago.
O lago Baikal foi declarado como Patrimonio da Humanidade, pola UNESCO, en 1996. No 2005 o goberno ruso declarou a zona como rexión de interese económico especial. A vila de Listvianka é onde o turismo está máis desenvolvido, con restaurantes, hoteis e boas vías de comunicación. A creación da Great Baikal Trail (Большая Байкальская Тропа), unha asociación para promover carreiros de gran percorrido, dotou á zona dunha rede de camiños que permite aos turistas practicar o sendeirismo. Debido á enorme cantidade de auga do lago, a súa temperatura apenas excede os 10 °C en xullo e agosto, o que fai que sexa pouco adecuado para o baño. Grazas á política de zonas económicas especiais está prevista a construción de novos hoteis e novas áreas turísticas.[21]
Investigación
Varias organizacións están a levar a cabo proxectos de investigación sobre a natureza no lago Baikal. A maioría son organizacións gobernamentais ou asociadas con organizacións gobernamentais. O Centro de Investigación do Baikal é unha organización independente de investigación que leva a cabo proxectos de educación ambiental e de investigación.[22]
En xullo de 2008 Rusia iniciou unha expedición para tratar de chegar ao fondo do lago, utilizáronse dous batiscafos chamados Mir-1 e Mir-2 (Mir [Мир] en ruso significa «mundo» e «paz»), para alcanzar os 1.592 m do fondo e levar a cabo exames xeolóxicos e biolóxicos do seu ecosistema único.[23] Aínda que inicialmente reportouse como un novo récord de inmersión en auga doce, non foi así, só se chegou aos 1.580 metros.[23][24] Ademais a misión tivo que ser suspendida aos poucos días por mor dun accidente cunha plataforma.[25] O récord atópase actualmente en mans de Anatoli Sagalevitx con 1.637 metros conseguidos tamén no lago Baikal en 1990 a bordo dun sumergible da clase Pisces.[24]
Telescopio subacuático de neutrinos
Desde 1993, buscáronse neutrinos no lago a través do telescopio subacuático de neutrinos do Baikal. O telescopio NT-200 está instalado a 3,6 km da costa a unha profundidade de 1,1 km e consiste en 192 módulos ópticos.[26][27]
Problemas ambientais
A papelera do Baikal
En 1966 construíuse, xusto na costa do lago, unha industria papeleira que branqueaba o papel con cloro e botaba os residuos ao lago. Despois de décadas de protestas, a planta foi pechada en novembro 2008 por falta de rendibilidade.[28][29] En marzo de 2009 o propietario da planta anunciou que non volvería a abrila máis.[30] Pero o 4 de xaneiro de 2010 retomouse a produción. O 13 de xaneiro de 2010 Vladimir Putin introduciu cambios na lexislación para legalizar o funcionamento do colector, o que provocou unha onda de protestas dos ecoloxistas e da poboación local. Putin xustificou isto dicindo que os científicos poderían confirmar o bo estado da auga e a virtual ausencia de contaminación.[31]
Notas
↑Murphy, Dervla (2007). Silverland: A Winter Journey Beyond the Urals(en inglés). Londres: Hodder. p. 173. ISBN0719568293.
↑Tyus, Harold M. (2012). Ecology and Conservation of Fishes(en inglés). CRC Press. p. 116. ISBN978-1-4398-9759-1.
↑ 6,06,16,2Ghent University, Ghent, Belgium; Consolidated Research Group on Marine Geosciences (CRG-MG); University of Barcelona, Spain; Limnological Institute of the Siberian Division of the Russian Academy of Sciences, Irkutsk, Russian Federation; State Science Research Navigation-Hydrographic Institute of the Ministry of Defense, St. Petersburg, Russian Federation. Ghent University, Ghent, Belgium, ed. "A new bathymetric map of Lake Baikal. Morphometric Data". INTAS Project 99-1669(en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 30 de xaneiro de 2020.
↑Bright, Michael; Mastsuura, Koichiro (2017). Bright, Michael, ed. 1001 natural wonders you must see before you die(en inglés). Chartwell Books. p. 620. ISBN0785835830.
↑Ghent University, Ghent, Belgium; Consolidated Research Group on Marine Geosciences (CRG-MG); University of Barcelona, Spain; Limnological Institute of the Siberian Division of the Russian Academy of Sciences, Irkutsk, Russian Federation; State Science Research Navigation-Hydrographic Institute of the Ministry of Defense, St. Petersburg, Russian Federation. Ghent University, Ghent, Belgium, ed. "A new bathymetric map of Lake Baikal. Introduction". INTAS Project 99-1669(en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 31 de xaneiro de 2020.
↑Hammer, M.; Karafet, T. (1995). Smithsonian Institution, ed. "DNA & the peopling of Siberia". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2015. Consultado o 31 de xaneiro de 2020.
Arondisemen Kedua LyonNegaraPrancisRegionRhône-AlpesDepartemenRhôneArondisemenLyonInterkomunalitasKomunitas Urban LyonKomuneLyonPemerintahan • Wali kotaDenis BroliquierLuas • Total3,41 km2 (1,32 sq mi)Populasi (sensus 8 Maret 1999) • Total27,977 • Kepadatan8,200/km2 (21,000/sq mi) Arondisemen kedua Lyon merupakan salah satu arondisemen dari sembilan arondisemen di kota Lyon. Arondisemen ini merupakan salah satu dari li...
Desert in Central Asia For the desert in Kazakhstan, see Aral Karakum. Not to be confused with Karakorum or Karakoram. A request that this article title be changed to Karakum is under discussion. Please do not move this article until the discussion is closed. Karakum (Desert)Sand dunes in the desert, in TurkmenistanThe Karakum Desert by NASA World WindArea350,000 km2 (140,000 sq mi)GeographyCountryTurkmenistanState/ProvinceCentral AsiaCoordinates40°30′N 60°00′E...
Topan dan AisyahPoster resmiGenre Drama Roman Religi Fantasi PembuatMNC PicturesSkenarioAviv ElhamSutradaraIip S. HananPemeran Syakir Daulay Tissa Biani Imelda Therine Firda Razak Athalla Naufal Bobby Maulana Leydia Asterina Erick Estrada Edbert Allen Penggubah lagu temaArmadaLagu pembukaPergi Pagi Pulang Pagi — ArmadaLagu penutupPergi Pagi Pulang Pagi — ArmadaPenata musikJoseph S. DjafarNegara asalIndonesiaBahasa asliBahasa IndonesiaJmlh. musim1Jmlh. episode16 (daftar episode)Produ...
2018 Kathryn Sikkink (lahir 1955[1]) adalah penulis, akademisi hak asasi manusia, dan ilmuwan hubungan internasional yang melakukan penelitian dengan pendekatan teori konstruktivisme. Ia mendapat gelar B.A. di bidang hubungan internasional dari Universitas Mineesota dan M.A. dan PhD di bidang ilmu politik dari Universitas Columbia. Sikkink sebelumnya menjabat sebagai Dosen Tertinggi dan Ketua Presidensial Ilmu Politik McKnight di Universitas Minnesota,[2] lalu menjabat Dosen K...
Count of Artois (1250–1302) Robert IICount of ArtoisReign1250–1302PredecessorRobert ISuccessorMatildaBornSeptember 1250Died11 July 1302(1302-07-11) (aged 51)near Kortrijk, County of FlandersSpouse Amicie de Courtenay Agnes of Dampierre Margaret of Hainaut Issue Mahaut, Countess of Artois Philip of Artois Robert HouseHouse of ArtoisFatherRobert I of ArtoisMotherMatilda of Brabant Robert II (September 1250 – 11 July 1302) was the Count of Artois, the posthumous son and heir of Robert...
American college football season 1978 Auburn Tigers footballConferenceSoutheastern ConferenceRecord6–4–1 (3–2–1 SEC)Head coachDoug Barfield (3rd season)Offensive coordinatorDal Shealy (2nd season)Defensive coordinatorP. W. Underwood (3rd season)Home stadiumJordan-Hare StadiumLegion FieldSeasons← 19771979 → 1978 Southeastern Conference football standings vte Conf Overall Team W L T W L T No. 1 Alabama $ 6 – 0 &...
لمعانٍ أخرى، طالع حافة (توضيح). لمعانٍ أخرى، طالع ضلع (توضيح). مضلع محدود بأضلاع، هذا المربع له 4 أضلاع كل حافة (أو حرف) تلتقي فيه اثنان من الاوجه المتتاليه لمتعدد الأوجه، مثل هذا المكعب. في الهندسة الرياضية، تعد الحافة نوعًا خاصًا من القطع المستقيمة التي تربط رأس...
Angels who torture sinners in hell according to Islam Part of a series onIslam Beliefs Oneness of God Prophets Revealed Books Angels Day of Resurrection Predestination Practices Profession of Faith Prayer Almsgiving Fasting Pilgrimage TextsFoundations Quran Sunnah (Hadith, Sirah) Tafsir (exegesis) Aqidah (creed) Qisas al-Anbiya (Stories of the Prophets) Mathnawi (Poems) Fiqh (jurisprudence) Sharia (law) History Timeline Muhammad Ahl al-Bayt Sahabah Rashidun Caliphate Imamate Medieval Islamic ...
توزيع الكهرباءمعلومات عامةصنف فرعي من electric power generation, transmission and distribution (en) [1] جزء من class in NACE rev.2 classification of productive activities (en) [1] الاسم distribution d'électricité (بالفرنسية) [1][2]Elektrizitätsverteilung (بالألمانية) [1]Разпределение на електрическа енергия (بالبلغارية) [1] رمز الف...
American actor Ralph LewisLewis in The Hoodlum (1919)BornRalph Percy Lewis(1872-10-08)October 8, 1872Englewood, Illinois, U.S.DiedDecember 4, 1937(1937-12-04) (aged 65)Los Angeles, California, U.S.OccupationActorYears active1912–1937SpouseVera LewisChildren1 Ralph Percy Lewis (October 8, 1872 – December 4, 1937) was an American actor of the silent film era.[1] Born in 1872 in Englewood, Illinois, Lewis attended Northwestern University.[2] Lewis appeared in 16...
German singer and songwriter This biography of a living person needs additional citations for verification. Please help by adding reliable sources. Contentious material about living persons that is unsourced or poorly sourced must be removed immediately from the article and its talk page, especially if potentially libelous.Find sources: Claudia Brücken – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (May 2012) (Learn how and when to remove this template...
8th episode of the 1st season of The Spectacular Spider-Man ReactionThe Spectacular Spider-Man episodeDr. Octopus pins Spider-Man to the wall. Episode director Jennifer Coyle opined that Those arms are amazing, and the timing has been really good for this show, so much so that I think you feel the impact of those arms.[1]Episode no.Season 1Episode 8Directed byJennifer CoyleWritten byRandy JandtProduction codeS1E08[2]Original air dateMay 3, 2008 (2008-05-03)...
1st Chief Minister of Uttarakhand Nityanand Swami1st Chief Minister of UttarakhandIn office9 November 2000 – 29 October 2001Preceded byOffice EstablishedSucceeded byBhagat Singh KoshyariChairman of the Uttar Pradesh Legislative CouncilIn office23 May 1996 – 8 November 2000Preceded byShiv Prasad GuptaSucceeded byOm Prakash Sharma (acting) Personal detailsBorn27 December 1927Narnaul, Punjab, British India(now in Haryana, India)Died12 December 2012(2012-12-12) (aged...
Private research university in Pittsburgh, Pennsylvania, U.S. CMU redirects here. For other uses, see CMU (disambiguation). Carnegie Mellon UniversityFormer namesCarnegie Technical Schools (1900–1912)Carnegie Institute of Technology (1912–1967)Mellon Institute of Industrial Research (1913–1967)MottoMy heart is in the work - Andrew CarnegieTypePrivate research universityEstablishedNovember 15, 1900; 123 years ago (November 15, 1900)[1]FoundersAndrew CarnegieAndrew Me...
Kingdom in the present-day Cook Islands Kingdom of RarotongaMātāmuatanga Rarotonga1858–1893 FlagAnthem: God Save the Queen StatusProtectorate of the United KingdomCapitalAvarua (presumed)GovernmentMonarchyHistorical eraNew Imperialism• Protectorate 1888• Established 1858• Disestablished 1893 Succeeded by Cook Islands Federation The flag of Rarotonga 1858-1888 (The three stars represent the three tribes (vaka) of Rarotonga: Takitumu; Te Au O Tonga; Puaikura) The K...
2002 video gameDisney Sports SkateboardingNorth American cover art for GameCubeDeveloper(s)Konami Computer Entertainment OsakaPublisher(s)KonamiDirector(s)Tadahiro KanekoProducer(s)Kouki TakahashDesigner(s)Kazuko OtaniTakeshi MatsudaProgrammer(s)Masayasu TamakiTakashi YokotaMichitoshi MomoseMitsuhiro NishideDaigo NakamuraHikaru HadaMitsuhisa ShibuyaComposer(s)Kazuko OtaniTakeshi MatsudaPlatform(s)Game Boy AdvanceGameCubeReleaseGame Boy AdvanceJP: July 25, 2002NA: November 15, 2002PAL: March 7...
Mazhani Amman Temple is a Hindu temple dedicated to the goddess Mazhani Amman. It is situated on the Pollachi-Topslip highway. Mazhani Amman is the Hindu goddess of revenge and devotees throng the temple and pray to her for revenge against their enemies. Devotees also grind red chillies into powder in order to appease the goddess. References Tourist Guide to Tamil Nadu. Sura Books. 2008. p. 107. ISBN 81-7478-177-3. vteCoimbatore districtDistrict Headquarters Coimbatore Country India...
Local government building in the United States The Defiance County CourthouseThe Defiance County CourthouseGeneral informationArchitectural styleItalianateTown or cityDefiance, OhioCountryUnited StatesCoordinates41°17′12″N 84°21′41″W / 41.28667°N 84.36139°W / 41.28667; -84.36139Construction started1871Completed1873Cost$72,000ClientDefiance County CommissionersDesign and constructionArchitect(s)J.C. JohnsonEngineerJ.C. Johnson The Defiance County Courthouse ...
United States career military officer, Union Army general (1834–1889) This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Marcus Reno – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (October 2010) (Learn how and when to remove this template message) Marcus Albert RenoMarcus A. RenoBorn(1834-11-15)November 15, 18...