Knut Hamsun

Modelo:BiografíaKnut Hamsun

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(no) Knut Hamsun Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Knut Pedersen Hamsun Editar o valor en Wikidata
4 de agosto de 1859 Editar o valor en Wikidata
Vågå, Noruega (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte19 de febreiro de 1952 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Grimstad, Noruega (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaNørholm (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, dramaturgo, crítico, novelista, poeta, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1877 Editar o valor en Wikidata - 1949 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoNasjonal Samling (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoNeo-romantismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMarie Hamsun (1909–1952), morte da persoa
Bergljot Bech (1898–1906), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosVictoria Hamsun Charlesson
 () Bergljot Bech
Tore Hamsun
 () Marie Hamsun
Arild Hamsun
 () Marie Hamsun
Ellinor Hamsun
 () Marie Hamsun Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Гамсун Кнут) Editar o valor en Wikidata
Sitio webhamsunsenteret.no… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0359105 Allocine: 90572 Allmovie: p310159 IBDB: 7104
BNE: XX1721404 Musicbrainz: 92624e8e-96e2-44e8-b71c-f18cc5d8bf15 Discogs: 771296 IMSLP: Category:Hamsun,_Knut WikiTree: Petersen-7633 Find a Grave: 10384624 Editar o valor en Wikidata


Hamsun, en 1890.

Knut Hamsun, nado como Knut Pedersen en Lom o 4 de agosto de 1859 e finado en Grimstad o 19 de febreiro de 1952, foi un escritor noruegués. Recibiu o premio Nobel de Literatura en 1920. Acadou sona especialmente pola súa novela Sult ("Fame"). Xunto con August Strindberg, Henrik Ibsen e Sigrid Undset deu sona á literatura escandinava a comezos do século XX. Porén, a súa popularidade decaeu tras o seu apoio á figura de Adolf Hitler.

Traxectoria

Naceu no medio rural, no sur de Noruega. Con tres anos a súa familia mudouse a Hamarøy, preto do Círculo Polar Ártico, mais a familia non chegou a integrarse.[1]. Exerceu diversos oficios durante a súa vida, errante e aventureira. En 1882 trasladouse aos Estados Unidos de América, onde permaneceu en dúas etapas até 1888.[2][3] Froito da súa experiencia como emigrante en 1889 publicou Fra det moderne Amerikas Aandsliv ("A vida espiritual da América moderna"), cunha crítica irónica e amarga da vida nese país, se ben máis adiante renegaría deste texto, considerándoo moi pobre e infantil.[4]

En 1888 escribiu a novela que lle daría sona, Sult ("Fame"), narración con trazos autobiográficos que trata a historia de fame, pobreza e camiño á loucura dun xornalista acosado polos importantes desaxustes físicos e psicolóxicos. A obra comezou a publicarse en 1888 de forma anónima na publicación periódica Ny Jord.[5] En varios aspectos, esta novela presaxia os escritos de Franz Kafka e outros novelistas do século XX, que exploraron a loucura da condición humana contemporánea.

De novo tivo inclinacións anarquistas, mais cun matiz antiigualitario e racialista. En Fra det moderne Amerikas Aandsliv (1889) expresou o seu rexeitamento cara á mestizaxe: «Os negros son e seguirán sendo negros, unha incipiente forma humana dos trópicos, órganos rudimentarios no corpo da sociedade branca. En vez de fundar unha elite intelectual, Estados Unidos estableceu un criadeiro de mulatos».[6] Despois da segunda guerra Bóer, adoptou puntos de vista cada vez máis conservadores. Chegou a ser coñecido como un destacado defensor de Alemaña e a cultura alemá, así como un opoñente ao imperialismo británico e a Unión Soviética.

Retratado por Hans Heyerdahl (1903).

A súa admiración pola vida bucólica e o seu rexeitamento pola gran cidade levárono a pasar grandes etapas da súa vida nunha cómoda cabana do bosque, onde apenas deixaba entrar á súa muller cando estaba a escribir.

Notas

  1. Knaplund 1965, pp. 168-169.
  2. Knaplund 1965, p. 170.
  3. Larsen 1922, pp. 28-29.
  4. Næss, Harald (1967). "Knut Hamsun and America". Scandinavian Studies 39 (4): 305–328. doi:10.2307/40916881. 
  5. McFarlane, J. W. (1956). "The Whisper of the Blood: A Study of Knut Hamsun's Early Novels". PMLA 71 (4): 563–594. doi:10.2307/460632. 
  6. Sjølyst-Jackson, Peter (2010). Troubling legacies: migration, modernism and fascism in the case of Knut Hamsun. Continuum International Publishing Group. p. 16. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!