George Gordon Byron, 6º barón de Byron (máis coñecido simplemente como Lord Byron), nado en Londres o 22 de xaneiro de 1788 e finado en Missolonghi o 19 de abril de 1824, foi un poeta inglés e un dos escritores máis versátiles e importantes do Romanticismo. Entre os traballos máis coñecidos de Byron están os poemas narrativos Don Juan e Childe Harold's Pilgrimage e o poema curto "She Walks in Beauty". É considerado un dos grandes poetas británicos, así como un dos máis lidos e influentes.
Na súa época, Byron era coñecido polos seus excesos aristocráticos, incluíndo grandes débedas, numerosos namoramentos, murmurios de incesto coa súa medio irmá e o seu exilio autoimposto.
Traxectoria
Era fillo do capitán John "Mad Jack" Byron e a súa segunda esposa Lady Catherine Gordon. O pequeno George, coxo de nacemento, viviu e estudou na cidade escocesa de Aberdeen ata os 10 anos. De volta en Londres, estudou no colexio de Harrow e a Universidade de Cambridge. En 1798, ao morrer o seu tío avó William, quinto barón Byron, herdou o título e as propiedades.
A publicación en 1812 dos dous primeiros Childe Harold's Pilgrimage, poemas que narran as súas viaxes por Europa, leváronlle á fama. En 1815, ano en que publicou Hebrew Melodies, casou con Anna Isabella Milbanke, quen o abandonou en 1816 tras dar a luz á única filla lexítima do poeta, Augusta Ada. Os rumores sobre as súas relacións incestuosas coa súa media irmá Augusta e as dúbidas sobre a súa cordura provocaron o seu ostracismo social. Amargado profundamente, Byron abandonou Inglaterra en 1816 e nunca volveu.
Viaxes
Na España absolutista de Fernando VII e nunha América hispana que loitaba pola súa emancipación, a vida e obra de Byron tiveron unha grande influencia e serviron de inspiración aos poetas do Romanticismo.
En 1824, foi a Grecia a loitar contra os turcos. Alí contraeu malaria. Os médicos preescribíronlle unhas sangrías, ao que el se negou. Días despois, extenuado pola enfermidade e chamándolles carniceiros, permitiu aos médicos sacarlle todo o sangue que desexasen, o dezaseis de abril practicaron a primeira sen bo resultado. Ao día seguinte realizaron outras dúas. Testemuñas presenciais aseguraron que, en total, lle extraeron uns dous litros de sangue.
Blackstone, Byron: 'Byron and Islam: the triple Eros' (Journal of European Studies vol. 4 no. 4, Dec. 1974, 325–63).
Crompton, Louis. Byron and Greek Love: Homophobia in 19th-Century England. Faber and Faber, 1985.
Drucker, Peter. 'Byron and Ottoman love: Orientalism, Europeanization and same sex sexualities in the early nineteenth-century Levant' (Journal of European Studies vol. 42, número 2, xuño de 2012, 140–57).
Garrett, Martin: George Gordon, Lord Byron. (British Library Writers' Lives). Londres: British Library, 2000. ISBN 0-7123-4657-0.
Garrett, Martin. 'Palgrave Literary Dictionary of Byron'. Palgrave, 2010. ISBN 978-0-230-00897-7
Guiccioli, Teresa, contessa di, Lord Byron's Life in Italy, transl. Michael Rees, ed. Peter Cochran, 2005, ISBN 0-87413-716-0.