Hans Magnus Enzensberger (2006) |
|
Nacemento | 11 de novembro de 1929 Kaufbeuren (República de Weimar)
|
---|
Morte | 24 de novembro de 2022 (93 anos) Múnic, Alemaña |
---|
Causa da morte | morte natural |
---|
Educación | Universidade de Freiburg im Breisgau Universidade de Hamburgo Universidade de Erlangen-Núremberg - Doutor en filosofía |
---|
|
Campo de traballo | Literatura em alemão (pt) , German-language poetry (en) , ensaio, tradución, edição (pt) e German drama (en) |
---|
Lugar de traballo | Múnic |
---|
Ocupación | poeta, reporteiro, escritor de literatura infantil, dramaturgo, xornalista, escritor, tradutor, editor colaborador |
---|
Xénero artístico | Ensaio, Prosa e poesía |
---|
Pseudónimo literario | Linda Quilt Giorgio Pellizzi Benedikt Pfaff Andreas Thalmayr Elisabeth Ambras Serenus M. Brezengang Trevisa Buddensiek |
---|
|
Obras destacables |
|
Cónxuxe | Dagrun Enzensberger Masha Enzenberger Katharina Enzensberger |
---|
Fillos | Tanaquil Enzensberger () Dagrun Enzensberger Theresia Enzensberger () Katharina Enzensberger |
---|
Irmáns | Christian Enzensberger Ulrich Enzensberger |
---|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, Iedereen Leest (en) base de datos rexional da biblioteca da cidade de Olomouc >>>:Enzensberger, Hans M., 1929-, |
---|
|
Hans Magnus Enzensberger, nado en Kaufbeuren o 11 de novembro de 1929 e finado en Múnic o 24 de novembro de 2022,[1][2] foi un poeta e ensaísta alemán.
Traxectoria
Enzensberger naceu en 1929 en Kaufbeuren, unha pequena localidade de Baviera e era o máis vello de catro irmáns.[3] Fixo parte da última xeración de intelectuais con escritos formados polas súas experiencias de primeira man no Terceiro Reich.[4] A familia Enzensberger mudouse a Nürnberg en 1931.[3] Julius Streicher, fundador e editor de Der Stürmer, era o seu veciño de porta. Enzensberger uniuse ás Xuventudes Hitlerianas na súa adolescencia, mais foi expulsado pouco despois. "Sempre fun incapaz de ser un bo camarada. Non podo permanecer na fila. Non está no meu carácter. Pode ser un defecto, mais non podo evitalo".[3]
Estudou Xermanística, Literatura e Filosofía nas Universidades de Erlagen, Friburgo e Hamburgo, completando a súa formación na Sorbona de París, doutorándose en 1955.[5]
Entre 1965 e 1975 foi membro do "Grupo 47".[6] En 1965 fundou a revista Kursbuch,[7] e desde 1985 dirixiu a colección literaria Die andere Bibliothek (A outra biblioteca).[8]
Traballou como redactor na radio de Stuttgart e exerceu a docencia ata 1957.
No ano 2002 recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.
Obra
Ensaio
- Politik und Verbrechen : neun Beiträge (1964)
- Der kurze Sommer der Anarchie. Buenaventura Durrutis Leben und Tod (O curto verán da anarquía; vida e morte de Durruti, 1972)
- As aporías da vangarda.
- Politische Brosamen (1982)
- Ach, Europa! Wahrnehmungen aus sieben Ländern (1987)
- Der Zahlenteufel. Ein Kopfkissenbuch für alle, die Angst vor der Mathematik haben (O diaño dos números, 1997; ilustracións de Rotraud Susanne Berner)
- Die Große Wanderung (1992)
- Aussichten auf den Bürgerkrieg (1993)
- Mediocridade e Delirio
- Elemento para unha teoría dos medios de comunicación (1971)
Teatro
- Voltaires Neffe. Eine Fälschung in Diderots Manier (1996)
Poesía
- verteidigung der wölfe (1957)
- landessprache (1960)
- Mausoleum. 37 Balladen aus der Geschichte des Fortschritts (1975)
- PoesGedichte. Die Entstehung eines Gedichts (1962)
- Zukunftsmusik (1991)
- Der Untergang der Titanic (1978)
- Leichter als Luft. Moralische Gedichte (1999)
- Die Geschichte der Wolken. 99 Meditationen (1993)
Premios
Notas
Véxase tamén
|
---|
Década de 1980 | | |
---|
Década de 1990 | |
---|
Década de 2000 | |
---|
Década de 2010 | |
---|
Década de 2020 | |
---|
|