O Gran Premio do Reino Unido de 1984 (oficialmente o XXXVII John Player British Grand Prix) foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 22 de xullo de 1984 no circuíto de Circuíto de Brands Hatch cerca de Swanley, Kent, Inglaterra. Foi a décima carreira do Campionato do Mundo da tempada de 1984, a carreira, disputada sobre 71 voltas, foi gañada por Niki Lauda para o equipo McLaren, logo de saír desde a terceira posición. Derek Warwick terminou segundo nun Renault, e Ayrton Senna terceiro para o equipo Toleman.
Resumo da carreira
Antecedentes
O Gran Premio foi disputado por catorce equipos, cada un con dous pilotos. Os equipos, tamén coñecidos como Construtores, foron Brabham, McLaren, Lotus, Williams, Renault, Ferrari, ATS, Arrows, Alfa Romeo , Ligier, Osella, RAM, Spirit e Tyrrell.
Ao inicio da carreira, o piloto de McLaren Alain Prost lideraba o Campionato de Pilotos con 34´5 puntos, por diante do seu compañeiro de equipo Niki Lauda con 24 puntos e Elio de Angelis con 23´5. René Arnoux era cuarto con 22´5 puntos, mentres que Keke Rosberg era quinto con 20 puntos. No Campionato Mundial de Construtores, McLaren era o líder con 58´5 puntos, Ferrari e Lotus eran segundo e terceiro, con 31´5 e 29´5 puntos respectivamente, mentres que Williams con 24 e Brabham con 21 puntos loitaban polo cuarto lugar.
Antes da carreira, a Federación Internacional do Automóbil (FIA) anunciou que Tyrrell sería descualificado do Campionato Mundial polo uso de combustible e lastre ilegal nos seus coches. A decisión deu lugar a que todos os puntos anotados por Tyrrell durante toda a tempada quitáronselle.[1] Ao propietario de Tyrrell Ken Tyrrell concedéuselle un permiso do Tribunal Superior para que os seus coches competiran na sesión de clasificación do venres.[2]
Cualificación
Johnny Cecotto rompeuse ambas pernas logo dun forte choque durante a cualificación. Nunca máis puido competir na Fórmula Un. Nelson Piquet logrou a pole position. A vitoria de Niki Lauda co McLaren converteuno no máximo anotador de puntos na historia da Fórmula Un, pasando os 390 de Jackie Stewart.
O piloto de Renault Derek Warwick deu aos fans británicos algo que celebrar cando terminou 42 segundos detrás de Lauda no segundo lugar, mentres que Ayrton Senna o compañeiro de Cecotto en Toleman terminou terceiro, 21 segundos detrás de Warwick. O piloto de Lotus - Renault Elio de Angelis mantivo vivas as súas esperanzas no campionato ao terminar unha volta atrás no cuarto lugar. Foi seguido polos dous Ferraris de Michele Alboreto e René Arnoux nas posicións dos puntos finais.
A vitoria deulle a Lauda 33 puntos e recortou a vantaxe co seu compañeiro de equipo Alain Prost a só 1´5 puntos. Con 67´5 puntos, McLaren logrou case o dobre da cantidade de puntos no campionato de construtores que o segundo clasificado, Ferrari que estaba en 34´5 puntos.
Clasificación
Posicións logo da carreira
- Clasificación no campionato de pilotos
|
- Clasificación do campionato de construtores
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Tyrrell e os seus pilotos foron posteriormente descalificados do campionato mundial de 1984 e os seus resultados e puntos reasignados.
Notas
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2007. Consultado o 2007-06-17.
Véxase tamén