Etimoloxía dos elementos químicos
A etimoloxía dos elementos químicos é en certa medida variable debido a que moitos deles xa se coñecían en tempos dos gregos e dos latinos, e existen algúns cuxo nome se remonta a aquela época. Co establecemento da química coma ciencia e a sistematización da súa investigación, comezaron a bautizarse os elementos para honrar a científicos cos nomes das súas persoas ou cos dos seus lugares de procedencia.
A seguinte listaxe reflicte as devanditas orixes, indicando entre parénteses o número atómico.
Elementos con nomes patrimoniais
- Cobre (29), do latín cuprum.
- Chumbo (82), do latín plumbum.
- Estaño (50), do latín stannum
- Ferro (26), do latín ferrum.
- Ouro (79), do latín aurum.
- Prata (47), do latín plattum (prato).[1]
- Xofre (16), do latín sulphure.[1]
De orixe grega
- Actinio (89), de ακτίς, ακτίνος ("raio luminoso").
- Argon (18), de αργóν ("inactivo").
- Ástato (85), de ἄστατος ("inestable").
- Bario (56), de βαρύς ("pesado").
- Berilio (4), de βήρυλλος ("berilo").
- Bromo (35), de βρόμος ("fedor").
- Cloro (17), de χλωρός ("verde amarelado").
- Cripton (36), de κρυπτός ("agochado").
- Cromo (24), de χρῶμα ("cor")
- Iodo (53), de ἰώδης ("violeta").
- Lantano (57), de λανθάνειν ("xacer agochado").
- Litio (3), de λίθος ("pedra").
- Neon (10), de νέος ("novo").
- Osmio (76), de ὀσμή ("olor").
- Rodio, de ῥόδον (rosa), pola súa cor.
- Talio (81), do grego θαλλός ("gromo verde"), polas liñas verdes do espectro.
- Tecnecio (43), de τεχνητός ("artificial").
- Titanio (22), de τιτάν ("Terra").
- Xenon (54), de ξένος ("estranxeiro").
Nomes compostos de orixe grega
- Antimonio (51), que significa "contrario" (anti) + "á soidade" (monos), pola súa reactividade
- Hidróxeno (1), que significa "creador" (xeno) + "de auga" (hydros)
- Nitróxeno (7), que significa "creador" (xeno) + "de nitratros/nitritos" (nitros)
- osíxeno (8), que significa "creador" (xeno) + "de óxidos" (oxys)
- Protoactinio (91), que significa "orixe, antecedente" (protos) + "do actinio" (outro elemento)
- Fósforo (15), de φῶς + -φόρος ("portador de luz").
O didymium (xemelgo) foi separado en dous elementos:
- Praseodimio (59), que se derivou de πράσιος δίδυμος (xemelgo verde).
- Neodimio (60), que se derivou de νέος διδύμος (xemelgo novo).
Nomes mitolóxicos
- Helio (2), de Helios, deus grego do Sol.
- Niobio (41), por Niobe, filla de Tántalo na mitoloxía grega.
- Promecio (61), por Prometeo, titán da mitoloxía grega.
- Tántalo (73), por Tántalo, fillo de Zeus na mitoloxía grega.
Nomes de corpos celestes
- Selenio (34), de Selene, o nome grego da Lúa.
- Paladio (46), en honor ó asteroide Pallas, descuberto dous anos antes, que leva ese nome por Palas Atenea.
- Cerio (58), de Ceres, planeta anano do cinto de asteroides.
- Mercurio (80), de Mercurio, o primeiro planeta (por orde de proximidade ó Sol) do sistema solar e tamén un deus da mitoloxía grega. O termo "azougue" procede do árabe az-zauq ("o mercurio").[1]
- Uranio (92), de Urano, o sétimo planeta do sistema solar e tamén un deus da mitoloxía grega.
- Neptunio (93), de Neptuno, o oitavo planeta do sistema solar e tamén un deus da mitoloxía grega.
- Plutonio (94), de Plutón, o maior planeta anano do Cinto de Kuiper, e tamén un deus da mitoloxía grega.
De orixe latina
- Aluminio (13), de alumen ("alume").
- Arsénico (33), derivado á súa vez do grego ἀρσενικόν, adaptado do siríaco e o persa.
- Calcio (20), de calx ("cal").
- Cadmio (48), do latín cadmia, derivado do grego καδμεία, nome dun mineral.
- Cesio (55), de caesius ("azul celeste").
- Flúor (9), de fluor ("regato").
- Indio (49), pola súa cor azul (índigo).
- Iridio (77), do latín iris ("arco da vella").
- Radio (88), de radius ("raio").
- Rubidio (37), de rubidus ("rubio").
- Silicio (14), de silex, -icis ("sílex").
- Telurio (52), do latín tellus ("Terra").
En honor a persoas
- Bohrio (107), por Niels Bohr.
- Copernicio (112), por Nicolao Copérnico.
- Curio (96), por Marie e Pierre Curie
- Einsteinio (99), por Albert Einstein.
- Fermio (100), por Enrico Fermi.
- Flerovio (114), por Georgy Flyorov.
- Gadolinio (64), por Johan Gadolin.
- Laurencio (103), por Ernest Lawrence.
- Mendelevio (101), por Dmitri Mendeleev.
- Meitnerio (109), por Lise Meitner.
- Nobelio (102), por Alfred Nobel.
- Oganesson (118) por Yuri Oganessian.
- Roentgenio (111), por Wilhelm Röntgen.
- Rutherfordio (104), por Ernest Rutherford.
- Seaborgio (106), por Glenn T. Seaborg.
- Samario (62), por Vasili Samarsky-Bykhovets.
- Volframio (74), por Peter Woulfe. O nome "tungsteno" procede do sueco e dinamarqués tung sten ("pedra pesada").
Derivados dun nome de lugar
- Americio (95), polo continente americano.
- Berkelio (97), pola cidade de Berkeley (California).
- Californio (98), por California.
- Darmstadtio (110), por Darmstadt (Alemaña).
- Dubnio (105), por Dubna (Rusia).
- Escandio (21), por Scandia (nome latino de Escandinavia).
- Estroncio (38), de Strontian (Escocia).
- Europio (63), polo continente europeo.
- Francio (87), por Francia.
- Galio (31), pola Galia (antiga Francia).
- Hafnio (72), por Hafnia (nome latino de Copenhaguen).
- Hassio (108), polo estado alemán de Hesse.
- Holmio (67), por Holmia (nome latino de Estocolmo).
- Livermorio (116), por Livermore, California.
- Lutecio (71), por Lutetia (nome latino de París).
- Magnesio (12) e manganeso (25), de Magnesia (Grecia).
- Moscovio (115), por Moscova.
- Nihonio (113), polo Xapón (Nihon).
- Polonio (84), por Polonia.
- Renio (75), polo río Rin (Rhenus en latín).
- Rutenio (44), de Rutenia (Rusia).
- Ténnesso (117), polo estado norteamericano de Tennessee.
- Tulio (69), por Thule, lugar mitolóxico identificado con Escandinavia.
- Xermanio (32), por Xermania (antiga Alemaña).
A partir da localidade sueca de Ytterby nomeáronse o itrio (39), o terbio(65), o erbio (68) e o iterbio (70).
Outras orixes
- Bismuto (83), do latín moderno bisemutum, que procede do alemán Wismuth ("masa branca").
- Boro (5), do persa بوره (burah) ("bórax").
- Carbono (6), do francés charbonne ("carbón").
- Cinc (30), do alemán Zink.
- Circonio (40), do árabe زركون (zarkûn) ("semellante ao ouro").
- Cobalto (27), do alemán Kobold ("espírito do mal").
- Níquel (28), do sueco Kopparnickel ("rocha de cor do cobre").
- Platino (78), do castelán platina ("prata pequena").
- Potasio (19), do inglés potash, mineral de potasio que se obtén nunha pota (pot) a partir das cinzas (ash) de madeira ou follas queimadas.
- Radon (86), contracción de "emanación do radio".
- Sodio (11), do inglés soda ("bicarbonato de sodio"). A palabra inglesa soda probablemente derive do italiano (sida) ou do latín medieval (soda).
- Torio (90), polo deus nórdico Thor.
- Vanadio (23), de Vanadís, un dos nomes da deusa Freia.
Notas
Véxase tamén
|
|