O colonialismo[1] é unha práctica segundo a cal un país controla persoas ou territorios, a miúdo estabelecendo colonias,[2] en xeral para o seu propio avance econónimo e estratéxico.[3] Non hai unha concepción única do colonialismo e as súas definicións poden variar segundo o uso e o contexto.[4][5][6][7] O colonialismo foi usado por primeira vez para describir unha colonia romana, unha especie de granxa, e máis tarde pasou a describir un posto avanzado ou unha clase de cidade romana. O concepto (do latín colonus, -i, "labrador") creouse engadindo o sufixo "-ism", e foi asociado a unha variedade de filosofías e comprensións estruturais das colonias.[7]
No proceso de colonización, os colonizadores poden impoñer a súa relixión, lingua, economía e outras prácticas culturais aos pobos indíxenas. As administracións estranxeiras dirixen o territorio na procura dos seus intereses, buscando beneficios dos pobos e os recursos da rexión.[8] A influencia e dominación dun pode producirse dun xeito violento, a través dunha invasión militar, ou sutil, sen que interveña a forza.
Algúns estudosos e sectores sociais e políticos, utilizan o termo neocolonialismo para facer referencia a unha dominación do tipo económico, e mesmo político, sobre un Estado xuridicamente independente. En senso similar utilízanse os termos imperialismo e neoimperialismo.
A importancia da era colonial e a súa historiografía tivo un grande desenvolvemento dentro das disciplinas históricas, e viuse fortalecida nos últimos anos a raíz da necesidade de comprender mellor os procesos globais.
Evolución sociocultural
Como o colonialismo adoitaba desenvolverse en áreas prepoboadas, a evolución cultural incluíu a formación de varias poboacións etnicamente híbridas. O colonialismo deu orixe a poboacións mixtas cultural e etnicamente como os mestizos das Américas, así como poboacións divididas racialmente como as que se atopan na Alxeria Francesa ou en Rodesia do Sur. De feito, en todas partes onde as potencias coloniais estabeleceron unha presenza consistente e continuada existen comunidades híbridas.
En termos xerais pode dicirse que as primeiras colonias apareceron cos primeiros imperios hai 5 500 anos, comezando coas exipcias.
Fenicia foi unha cultura comercial marítima emprendedora que se expandiu polo mar Mediterráneo entre o 1550 e o 300 a.C. e posteriormente os gregos e os persas continuaron nesta liña co establecemento de colonias. A metrópole do Imperio Cartaxinés, Cartago, foi na súa orixe unha colonia fenicia. Ao mesmo tempo foi unha das primeiras culturas en estabelecer colonias, xa que posuía territorios no norte de África, Sicilia, Illas Baleares, Sardeña e Hispania. As súas colonias eran fundamentalmente comerciais, aínda que no marco das Guerras púnicas acentuouse o dominio militar dos territorios.
O proceso de fundación por parte de Grecia de polis en lugares afastados das cidades tradicionais clásicas (Atenas, Esparta...), cidades nais ou Metrópoles, que formaban parte da península grega, deron orixe a novas cidades en lugares como Italia (Magna Grecia), a Península Ibérica (Emporion) ou Francia (Massalia).
A antiga Roma continuou co proceso, con colonias no Mediterráneo, norte de África e Asia occidental, formou un grande imperio, incluíndo territorios tan diversos como as actuais Galiza, España, Francia, Portugal, Italia, Romanía, Líbano, parte de Marrocos etc. As súas colonias fundamentábanse nunha orde regrada (dúas vías principais e perpendiculares), a partir do cal se artellaba a cidade, baseada a miúdo sobre acampamentos das lexións. Nelas tratábase de impor a orde romana en tódolos campos (xurídico, arquitectónico, administrativo etc.). Un imperio moderno que a imitou foi o Imperio Español, no senso dunha orde tamén regrada (construción da praza maior, en torno á cal se comezaba a igrexa, o concello (a semellanza do foro, templo, curia etc.), a partir dos cales se artellaba o resto da cidade, practicado case exclusivamente en América.
A partir do século VII, os árabes colonizaron unha importante sección de Oriente Medio, o norte de África e partes de Asia e Europa. No século IX comezou unha nova vaga de colonización mediterránea entre estados que competían entre eles como os venecianos, xenoveses e amalfianos, invadindo as terras antes ricas do Imperio Bizantino. A República de Venecia iniciou a súa conquista con Dalmacia e acadou a súa maior extensión nominal ao final da Cuarta Cruzada en 1204, coa declaración da adquisición dos tres oitavos do Imperio Bizantino.[11] Entre os séculos XI e XVIII, os vietnamitas estableceron colonias militares ao sur das súas fronteiras orixinais e absorberon o territorio, nun proceso coñecido como nam tiến.[12]
Imperios coloniais
O colonialismo moderno comezou co portugués Henrique o Navegador, iniciando a Era das Exploracións. España (inicialmente a Coroa de Castela) e despois Portugal chegaron a América cruzando o océano, construíndo postos comerciais e conquistando grandes extensións de terra. Estas terras dividíronse entre os imperios español e portugués.[13]
O século XVII viu a creación dos imperios coloniais francés e neerlandés, así como as posesións inglesas de ultramar, que se converteron no Imperio Británico. Tamén se estableceron o imperio colonial dinamarqués e algunhas colonias suecas.[14] A diseminación dos imperios coloniais reduciuse no final do século XVIII e inicios do XIX pola Guerra Revolucionaria Americana e a independencia da América Española. No entanto, establecéronse moitas colonias novas dende ese tempo, incluídos o imperio colonial alemán e o imperio belga. O Imperio Ruso, o Imperio Otomán e o Imperio Austríaco existían ao mesmo tempo, mais non se expandiron sobre os océanos, senón polos territorios veciños (agás a colonización rusa de América a través do estreito de Bering). O Imperio do Xapón modelouse nos imperios coloniais europeos.
No uso estrito do termo, o colonialismo a grande escala comezou contra o século XIX cando Europa comezou un proceso de expansión e colonización económica (denominado expansión capitalista) de case todo o mundo.
A expresión neocolonialismo foi moi popular nas antigas colonias a finais do século XX,[16] referido a diferentes contextos. En xeral, non se refire a un tipo directo de colonización, senón á colonización por outros medios. Especificamente refírese á teoría das antigas ou existentes relacións económicas, como o General Agreement on Tariffs and Trade e o Central American Free Trade Agreement, ou mediante compañías (como Royal Dutch Shell en Nixeria e Brunei) creadas por antigas potencias coloniais empregadas para manter o control das súas antigas dependencias tralos movementos de independencia.
Un dos comercios máis notables na historia de Portugal foi o comercio de escravos africanos mediante o método do comercio triangular (a metrópole enviaba manufacturas ás colonias africanas, dende aí enviaba máis manufacturas e escravos ata América e as riquezas deste último ían parar á metrópole).
Portugal continuou a expandirse no Brasil ata que se independizou no ano 1822. A pear diso, Portugal mantivo e expandiu as súas colonias africanas ata a independencia en 1974 (Angola) e 1975 (Mozambique).
Os territorios de España, acostumaban contar con vicerreis ao mando directo do territorio. Os territorios españois en América foron organizados en vicerreinados e capitanías. Ademais, contaron cun proceso constitutivo de seu no senso da creación de cidades en territorio americano (citado en Imperio Romano).
O Imperio colonial británico foi o máis grande do mundo. A India era a colonia máis rica, polos seus produtos e a súa poboación. Foi conquistada entre 1845 e 1848 por unha empresa privada inglesa, a Compañía Británica das Indias Orientais. En 1857 estalou unha revolta dos compoñentes indios das tropas inglesas (cipayos). Foi difícil contela, polo que ao conseguilo, a raíña Vitoria transferiu o poder ao estado. Foi proclamada Emperatriz da India (1876) e máis adiante, os británicos fixeron expedicións militares para reforzar as fronteiras indias.
Os territorios coloniais británicos tiveron réximes de goberno moi diferentes. As colonias en América tiñan un réxime de tipo republicano. Porén, a India era gobernada por un vicerrei.
Despois de Napoleón, Francia comezou a colonizar África Occidental e o Sueste Asiático. O resultado foi un gran e duradeiro imperio colonial que abranguía un terzo do continente africano, Madagascar e Indochina. Este imperio resistiu as dúas guerras mundiais, fragmentándose trala segunda.
Tamén Bélxica, Italia e Alemaña conquistaron nacións e terriorios para sometelos ao dominio colonial. Como por exemplo o Congo Belga colonizado polo país europeo e paradigma da explotación occidental de África.
Contemporánea
Engadiríanse tamén os antes citados, pero tendo en conta só as posesións de cada un a partir deste século [ex.: Gran Bretaña contabilizaríase a India, Australia, Xibraltar etc... ou Francia o Imperio Africano (e non a Luisiana). Igual para os restantes.
Consecuencias
O colonialismo tivo consecuencias históricas moi importantes tanto dende os puntos de vista económico, demográfico, lingüístico, cultural, relixioso e político. No plano económico, a revolución industrial europea requiriu as materias primas procedentes das súas colonias e a forza de traballo, así como algunhas materias primas básicas.
A consecuencias foron enormes en América, onde a poboación autóctona moi vulnerable ás epidemias de orixe eurasiática quedou decimada. En África as consecuencias demográficas foron menores; Suráfrica é un dos países con maior impacto demográfico europeo. En Asia, agás polas fames negras da India de finais do século XIX, provocadas polo sistema de produción impuesto cos británicos as consecuencias tiveron só un impacto transitorio. Dende o punto de vista lingüístico, o colonialismo preparou o terreo para o emprego das linguas europeas como linguas diplomáticas e comerciais.
Entre as consecuencias máis negativas pódense mencionar a destrución da sociedade indíxena, a explotación económica total, o cambio dos valores propios dos indíxenas e o intento de creación do imperio continuo, unindo territorios dispares e ademais xerando conflitos para conseguilo, mesmo tendo que evitar outras metrópoles.
As nacións europeas entraron nos seus proxectos imperiais co obxectivo de enriquecer as metrópoles europeas. A explotación dos non europeos e doutros europeos para apoiar os obxectivos imperiais era aceptable para os colonizadores. Dous froitos desta axenda imperial foron a extensión da escravitude e a servidume por contrato. No século XVII, case dous terzos dos colonos ingleses chegaron a América do Norte como servos por contrato.[17]
Os comerciantes de escravos europeos trouxeron gran cantidade de escravos africanos ás Américas por mar. España e Portugal levaron escravos africanos para traballar en colonias africanas como Cabo Verde e San Tomé e Príncipe, e despois a América Latina, no século XVI. Os británicos, franceses e holandeses uníronse ao tráfico de escravos nos séculos posteriores. O sistema colonial europeo levou aproximadamente 11 millóns de africanos ao Caribe e a América do Norte e do Sur como escravos.[18]
Imperio europeo
Destino colonial
Número de escravos importados entre 1450 e 1870[18]
Imperio Portugués
Brasil
3.646.800
Imperio Británico
Caribe Británico
1.665.000
Imperio Francés
Caribe Francés
1.600.200
Imperio Espñol
América Latina
1.552.100
Imperio Neerlandés
Caribe Neerlandés
500.000
Imperio Británico
América do Norte británica
399.000
Abolicionistas en Europa e América protestaron polo trato inhumano que recibían os escravos africanos, o que levou á eliminación do comercio de escravos (e máis tarde, da maioría das formas de escravitude) a finais do século XIX. Unha escola de pensamento (discutida) apunta ao papel do abolicionismo na Revolución Americana: mentres a metrópole colonial británica comezou a avanzar cara a ilegalizar a escravitude, as elites escravistas das Trece Colonias viron isto como un dos motivos para loitar pola súa independencia poscolonial e polo dereito a desenvolver e continuar unha economía baseada en gran parte na escravitude.[19]
↑Uzoigw, Godfrey N. (2019). "Neocolonialism Is Dead: Long Live Neocolonialism". Journal of Global South Studies36 (1): 59–87. doi:10.1353/gss.2019.0004.
↑Hannah-Jones, Nikole (14 de agosto de 2019). "Our democracy's founding ideals were false when they were written. Black Americans have fought to make them true". The New York Times Magazine. The wealth and prominence that allowed Jefferson, at just 33, and the other founding fathers to believe they could successfully break off from one of the mightiest empires in the world came from the dizzying profits generated by chattel slavery. In other words, we may never have revolted against Britain if the founders had not understood that slavery empowered them to do so; nor if they had not believed that independence was required in order to ensure that slavery would continue. It is not incidental that 10 of this nation's first 12 presidents were enslavers, and some might argue that this nation was founded not as a democracy but as a slavocracy.
LeCour Grandmaison, Olivier: Coloniser, Exterminer – Sur la guerre et l'Etat colonial, Fayard, 2005, ISBN2-213-62316-3
Lindqvist, Sven: Exterminate All The Brutes, 1992, New Press; Reprint edition (xuño de 1997), ISBN978-1-56584-359-2
Morris, Richard B. and Graham W. Irwin, eds. Harper Encyclopedia of the Modern World: A Concise Reference History from 1760 to the Present (1970) online
Ness, Immanuel and Zak Cope, eds. The Palgrave Encyclopedia of Imperialism and Anti-Imperialism (2 vol 2015), 1456 pp
Rönnbäck, K. & Broberg, O. (2019) Capital and Colonialism. The Return on British Investments in Africa 1869–1969 (Palgrave Studies in Economic History)
Schill, Pierre : Réveiller l'archive d'une guerre coloniale. Photographies et écrits de Gaston Chérau, correspondant de guerre lors du conflit italo-turc pour la Libye (1911–1912), Créaphis, 480 p., 2018 (ISBN978-2-35428-141-0). Awaken the archive of a colonial war. Photographs and writings of a French war correspondent during the Italo-Turkish war in Libya (1911–1912). With contributions from art historian Caroline Recher, critic Smaranda Olcèse, writer Mathieu Larnaudie and historian Quentin Deluermoz.
Velychenko, Stephen (2002). "The Issue of Russian Colonialism in Ukrainian Thought. Dependency Identity and Development". Ab Imperio2002 (1): 323–367. doi:10.1353/imp.2002.0070.Ab Imperio E