O neoliberalismo[1] é unha corrente de pensamento que fai referencia a unha política económica con énfase tecnocrático e macroeconómico que pretende reducir ao mínimo a intervención estatal en materia económica e social, defendendo o libre mercadocapitalista como mellor garante do equilibrio institucional e o crecemento económico dun país, salvo ante a presenza dos denominados fallos do mercado.
Historia
O neoliberalismo en canto que corrente de pensamento económico e político de relevancia dende os comezos da década de 1970, consolidaríase durante as seguintes dúas décadas da século XX, mantendo a vixencia durante o XXI. Se ben a súa orixe se atopa na Segunda guerra mundial, ao ser herdeiro de teorías neoclásicas de finais do século XIX, só nos anos 70 acadou uin eco internacional. Tras a citada guerra, a economía de Europa presentou un crecemento, e entre 1969 e 1971 apareceu un fenómeno denominado estanflación, o cal provocou unha grave crise de especial transcendencia nos países capitalistas dependentes (Terceiro mundo) e que afectoyu seriamente os socialistas. Dende principios dos anos 80, o liberalismo volveu ocupar un lugar preponderante como forma de goberno. Adopta entón o nome de neoliberalismo. Os gobernos de Margaret Thatcher en Gran Bretaña e de Ronald Reagan nos Estados Unidos de América trouxeron de volta as vellas ideas económicas para aplicalas sobre a economía doméstica. Thatcher xustificou o seu programa cun acrónimo, TINA: There is no Alternative (Non hai alternativa). A súa doutrina, e o neoliberalismo en si mesmo, baséase na competencias entre nacions, rexións, empresas e individuos.
En América do Norte, Europa e o Xapón dan comezo diferentes procesos de estabilización económica a través da diminuación das cargas fiscais e recortes no gasto social; isto estimula o comercio exterior e afonda na división internacional do traballo: considerouse que estas medidas eran a plataforma para comezar un ciclo de crecemente económico.
Macroeconomía
As políticas macroeconómicas recomendadas polos teóricos ou ideólogos neoliberais inclúen:
Políticas fiscais restritivas. Redución dos impostos sobre a produción, a renda e os beneficios empresariaiss. Proponse tamén a eliminación de réximes especiais e a diminución do gasto público.
Liberalización/desregulación. Defenden as liberalización ou desregulación para o comercio e os investimentos, por consideralos positivos para o crecemento económico. Tamén ve postivia a eliminación de regras e normativas até o mínimo imprescindible. Promóvese a mobilidade de capitais e a flexibilidade laboral.
Privatización. Considérase que os axentes privados tenden a ser máis produtivos e eficientes cós públicos e que o Estado debe minguar para permitir que o sector privado sexa o encargado da creación de riqueza.