Foi conservador do Hospital Real de Santiago de Compostela e cronista da cidade. Mercou e dirixiu El Eco de Santiago, onde escribiu co pseudónimo de Diego de Muros. Ingresou na Real Academia Galega o 27 de xullo de 1941.[1] En 1944 foi nomeado cronista oficial de Compostela.[1] Foi vogal de Propaganda e Prensa da Archicofraría do Apóstolo e conservador do Arquivo Provincial. Finou en Santiago de Compostela o 30 de novembro de 1948.[2]
Obras
Breve reseña histórica y artística del Gran Hospital de Santiago, 1910.
El monasterio y templo de Santa María la Real de Sar, único en el mundo por su inclinada construción, 1920.