Foi fillo de Germán Díaz Teijeiro, comerciante natural e veciño de Ortigueira, e Camila Baliño López, de Ferrol. Camilo estudou en Ferrol no Colexio Dequidt e alí compartiu aulas con Francisco Franco. En 1905 trasladouse a Madrid pensionado pola deputación da Coruña, pero como non chegou a axuda prometida traballou nun taller de escenografía e regresou á Coruña onde ingresou na Escola de Artes e Oficios. En 1908 volveu a Madrid, contratado polo ministerio de Graza e Xustiza, e estudou escenografía. Participou na Exposición Rexional de 1909, na que obtivo medalla de ouro. En 1916 iniciou a súa relación profesional e persoal co empresario de cines Isaac Fraga (que sería padriño do seu fillo Isaac). Participou na Exposición Rexional de Arte Galega celebrada na Coruña en 1917. En 1920 trasladouse a Santiago de Compostela onde estableceu na rúa das Hortas o taller de escenografía da Empresa de Espectáculos Fraga (1920-1924) coa que se trasladou a Madrid entre 1922 e 1924. Participou na Exposición Rexional Galega de Belas Artes de Santiago de 1923. En 1925 ingresou como delineante interino no concello de Santiago e despois obtivo o posto en propiedade. De xaneiro a maio de 1931 a Coral de Ruada fixo unha rolda de concertos pola Arxentina, o Uruguai e o Brasil na que Díaz Baliño foi o escenógrafo. Participou na Exposición de Arte Galega celebrada no Colexio de San Clemente no verán de 1926.
Pertenceu á masonería, que foi perseguida polo seu propio irmán Gonzalo, membro da milicia de Los Caballeros de La Coruña e da Brigada de Investigación y Vigilancia.[4]
Detido ao comezo da guerra civil española, estivo na prisión de Santiago de Compostela, nos baixos do Pazo de Raxoi. Estando prisioneiro debuxou nun caderno retratos dos seus vinte e seis compañeiros,[5] o que foi o seu derradeiro traballo. Sen ser sometido a xuízo, foi trasladado ao cárcere de Arzúa, onde estivo só unhas horas; pouco despois tres falanxistas,[6] o Solla, o Xerpe e o Baluxa,[7] asasinárono en Palas de Rei o 14 de agosto de 1936, cando contaba con corenta e sete anos de idade.[8] O seu cadáver apareceu, canda o de Sixto Aguirre, á beira da estrada en Saa, na parroquia de Meixide (Palas de Rei).
Foi irmán dos tamén artistas Indalecio (1896-1952), Ramiro (1902-1972) e María Dolores Díaz Baliño (1905-1963).[3] En 1909 casou con Antonia Pardo Méndez, coa que tivo tres fillos: María del Milagro Antonia "Marujita" (1911-1917)[9][10], Mercedes "Chita" (1916) e Isaac (1920-2012). Antonia, de familia anarquista, compartía o ideario galeguista de Camilo e afiliouse ás Irmandades da Fala. Tralo fusilamento do seu marido, perdeu a consciencia e finou de cancro dous anos despois que o seu marido, en decembro de 1938[11].
Estatuto de Galicia, Litografía e Imprenta Roel, Coruña, 1932.[d]
O poema da Cruña de Xosé Rubinos, Santiago, Editorial Nós, 1933
Santiago de Compostela. Guía del peregrino y del turista de R. L. López, Santiago, El Eco Franciscano, 5ª ed. e ss., 1933
Fiestas patronales. Santiago de Compostela. Julio 1947 de Jesús Rey-Alvite, Santiago, Publicaciones Rey Alvite, 1947.[e]
Obra belenística
Na década de 1920, Díaz Baliño recibiu a encarga para deseñar un belén para a igrexa parroquial de Santa Marta de Ortigueira, que se rematou en 1924. É un belén de dimensións considerables, delimitado por lonas sostidas por bastidores de madeira, que aparenta un escenario con diversos planos. Os decorados reflicten imaxes do antigo Exipto, pero tamén figuran paisaxes do Ortegal, terra de seu pai e que o propio Camilo visitou en diversas ocasións.[13][14] Posteriormente tamén deseñou os fondos do belén da Grande Obra de Atocha na Coruña.[15][16][17]
A cidade de Ferrol fíxolle unha homenaxe en 1959, colocando o seu busto en bronce no Cantón de Molíns. Unha praza de Santiago de Compostela, diante da estación de autobuses, e unha rúa de Oleiros, levan o seu nome.
↑A Colección Lar está composta por 40 títulos, coa mesma cuberta, mudando a cor.
↑Probablemente a edición correspondese á tenda de obxectos de escritorio El Sol, propiedade de Román López López. O libro é un álbum de fotografías de 29x23 cm, en ocogravado, de 40 páxinas máis unha páxina dobre, con imaxes de Compostela.
↑Editouse en dous volumes, o segundo é un álbum con 29 láminas fotográficas en b/n.
↑A portada foi impresa por Roel, pero as páxinas interiores, tituladas Autonomía Gallega. El Estatuto de Galicia y La Asamblea Regional de Municipios, foron impresas por Tipografía «El Eco de Santiago».
↑A portada contén un debuxo de Camilo Díaz de 1915 (segundo pon baixo a súa sinatura), que foi impreso orixinalmente por Ferrer, aínda que a portada do 47 foi impresa na "Imprenta Paredes", en Santiago. Este mesmo debuxo aparece publicado en El Ideal Gallego do 25 de xullo de 1923 cunha breve explicación (Galiciana).
↑ 3,03,1Mogo, Arturo (10/2/2018). "Sargadelos, Isaac Díaz Pardo e seu pai Camilo Díaz Baliño". La Comarca del Eo (5109): 5.
↑Mera Costas, Pilar (2014). Perseguidos en el limbo. La primera represión de la masonería gallega (1936-1939)(en castelán). Historia Actual Online. pp. 93–105. ISSN1696-2060.
↑"Esta madrugada subió al cielo...". El Ideal Gallego(en castelán) (A Coruña). 11/4/1917. p. 3. Esta mañana subió al cielo, a los seis años de edad, la niña Marujita Díaz, hija de nuestro querido compañero, el redactor artístico, Don Camilo Díaz Valiño