Betéitiva é unha vila e concello da provincia de Valderrama, no departamentocolombiano de Boyacá. O centro urbano de Betétiva atópase a 250 quilómetros da capital do país, Bogotá, a 110 quilómetros da capital de departamento, Tunja, e 45 quilómetros de Sogamoso. O concello, que se atopa no Altiplano Cundiboyacense, limita con Belén polo norte, con Paz de Río polo nordeste, con Tasco polo leste, con Corrales polo sueste e con Busbanzá e Cerinza polo oeste.
Etimoloxía
O nome Betéitiva deriva do nome muisca do cacique Betacín. Segundo un mito muisca, Betacín namorouse da filla do iraca de Sugamuxi e tras ser rexeitado retirouse na zona agora coñecida como Betéitiva.[1]