Cacique

Cangapol, cacique dos tehuelches, século XVIII.

O termo cacique,[1] palabra de etimoloxía taína (parte da etnia arauaca) pasou a ser un concepto aplicado polos españois a certas personalidades das culturas orixinarias centroamericanas e suramericanas; con isto referíase ás persoas que tiñan poder. Os españois, ao coñecela neses pobos, empregárona equivocamente aplicándoa aos homes que tiñan maior poder económico (animais, áreas de cultivo etc) e máis esposas.

O equívoco persiste entre os non especialistas, xa que moitos chaman "cacique" aos soberanos (absolutos) de imperios (aztecas, quechuas etc) do mesmo xeito que aos xefes ou líderes de pequenas poboacións consideradas 'sen Estado', por exemplo os nambikuara.

É así que se chama vulgarmente "cacique" aos kuraka dos Andes centrais, aos toki, longko e ülmen dos mapuches, os tuvichá dos avá ou guaranís etc. Existe unha obvia razón pragmática para tal tipo de xeneralización e reduccionismo apelando á palabra "cacique". Con todo o que desexe entender máis o real de cada etnia (nin que dicir ten que máis aínda o sociólogo e o antropólogo) debe ter cautela con tal uso indiscriminado da palabra "cacique".

Por outra banda a palabra "cacique" e "caciquismo" foi usada na España decimonónica (en particular, en Galiza) para aludir despectivamente a "caudillos" e líderes sociais deses tempos. A súa existencia resultou un dos factores causantes da literatura da xeración do 98. Dun xeito semellante, noutros países (por exemplo Arxentina) úsase moitas veces figurativa e peyorativamente a palabra "cacique" para aludir a quen exerce o poder de "redes clientelares" aínda que nada teñan que ver cos pobos orixinarios de América.

Noutra orde de cousas, particularmente, alcúmase cacique ó Club Deportivo de fútbol chileno Colo-Colo, xa que ese nome provén dun dos grandes xefes mapuches.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cacique.

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!