Chiscas é unha vila e concello do departamentocolombiano de Boyacá, parte da provincia de Gutiérrez. Atópase a 252 quilómetros de Tunja, capital do departamento. O 60% da extensión do territorio pertence ao ecosistema de páramo, e unha fracción do territorio forma parte do Parque Nacional Natural El Cocuy.
Historia
Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Chiscas estivo habitado polos indíxenas laches e chiscas, da familia dos u'wa.
O primeiro conquistador que chegou a esta rexión foi Jorge de Espira no ano 1536; ao atopar resistencia por parte dos nativos retirouse ata El Espino; foi ata 1541, despois de cinco anos, que Hernán Pérez de Quesada logrou someter os indíxenas de Chiscas.
Véxase tamén
Bibliografía
Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN958-9077-02-1