O personaxe máis recoñecido que deu Guateque, foi o expresidente da República Enrique Olaya Herrera, quen gobernou o país entre 1930 e 1934.
Historia
No ano 1537 o Capitán Pedro Fernández de Valenzuela, comisionado por Quesada para atopar os filóns esmeraldíferos de Somondoco, é enviado á rexión e descobre un conxunto de ladeiras que se entrelazan nunha topografía bañada polos ríos Somondoco, Machetá e Súnuba, lindando con Cundinamarca Coa chegada de Gonzalo Jiménez de Quesada á rexión o 24 de xuño de 1537, á poboación indíxena de Tenzuca nomeouna San Juan. Posteriormente os españois denominárona Tenza, en descomposición da palabra Tenzuca que era a capital indíxena da rexión, gobernada polo cacique Runi, tributario de Hunza.