Nobsa é un concello colombiano do departamento de Boyacá, que se atopa na rexión do Alto Chicamocha. Conta, segundo os datos do censo de 2005, cunha poboación de 14.946 habitantes. Nobsa forma parte da provincia do Sugamuxi.
No eido económico, salienta como un importante centro artesanal de Boyacá, destacada principalmente polos seus traballos en la. Tamén destaca pola actividade industrial, polo sector cementeiro e mineiro que opera neste concello.