Pauna é unha vila e concello do departamento colombiano de Boyacá, e forma parte da provincia de Occidente. Atópase a 149 quilómetros de Tunja, a capital do departamento. O concello limita polo norte con Florián (Santander), polo sur con Caldas e Maripí, polo leste con Briceño e Tununguá e polo oeste con Otanche e San Pablo de Borbur.
Economía
As principais actividades económicas no concello son a agricultura, a gandaría, a piscicultura e a silvicultura. Os principais produtos agrícolas son o millo, a mandioca, o café, o cacao e o plátano.[1]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1
Ligazóns externas
Concellos do Departamento de Boyacá |
---|
|