A Axencia Espacial Europea (en inglésEuropean Space Agency, tamén coñecida polo acrónimoESA) é unha organización intergobernamental formada en 1975 dedicada á exploración do espazo. En 2015 contaba con 22 estados membros. As súas oficinas centrais están en París. En 2019 o seu director científico é Günter Hasinger.[1]
Do visto anteriormente, dedúcese que non tódolos membros da UE son membros da ESA, nin tódolos membros da ESA, o son da UE. Con todo, a Axencia Espacial Europea mantén lazos coa Unión Europea, por medio do "Tratado Marco ESA/UE".
En virtude do Tratado Marco, ambas organizacións comparten unha estratexia europea para o espazo, e están a desenvolver unha política espacial conxunta. A máis, manteñen tratados de colaboración e financiamento para programas concretos, como o do programa Copérnico.[13]
Preparación e desenvolvemento
As actividades da ESA comprenden unha ampla gama, dende actuacións nos foros políticos e económicos para a procura de apoios e financiamento ata o propio desenvolvemento e seguimento das misións espaciais e a súa preparación. Como exemplos disto último, en canto a seguimento a axencia ten construído estacións de seguimento en España, Australia e a Arxentina, e coopera con outras axencias para compartir capacidades,[14] e en canto a preparación, en novembro de 2018 houbo unha simulación dun paseo lunar en Lanzarote, como parte de Pangaea-X.[15]
Unha actividade importante da ESA constitúea a preparación das misións, con centros adicados a iso como o ESTEC Test Centre en Noordwijk, nos Países Baixos, que alberga o LSS (Large Space Simulator, Gran Simulador Espacial) para testado de satélites ás condicións que se poden atopar no espazo.[16]
A preparación das misións inclúe investigación técnica, con desenvolvemento de produtos como Delta-DOR, técnica de navegación do espazo profundo ultraprecisa.
O primeiro módulo Spacelab voou durante a misión STS-9.[19][20] Era novembro do ano 1983 e tivo un funcionamento de 10 días, marcando o comezo das misións espaciais da ESA.[21] No mesmo lanzamento tamén participou Ulf Merbold, primeiro astronauta da ESA.
Lanzamentos sucesivos
En xeral, fanse dende a plataforma de lanzamento de Kourou, na Güiana Francesa. A tecnoloxía de lanzamento é a partir de foguetes Vega, desenvolvidos pola ESA, e Ariane, de Arianespace.
O 3 de setembro de 2020 despegou un Vega cun novo servizo de dispensador de pequenos satélites (Small Spacecraft Mission Service, SSMS), con capacidade de ata sete microsatélites (15-150 kg cada) e 46 cubesat (ata 1 kg) para poñer en órbitas entre 515 e 530 km, en órbitas heliosíncronas.[22]
No 2018 tivo lugar o lanzamento do primeiro satélite da misión Aeolus.[28] Ese mesmo ano comezou a perfilarse a misión Lagrange, que espera estar definida a mediados de 2019.[29]
No 2019 terá lugar o lanzamento de JUICE, (Jupiter Icy Moons Explorer, Explorador das lúas xeadas de Xúpiter).[31] Nese mesmo ano, estase a preparar o telescopio espacial CHEOPS.[32]
No 2020 Mantén un proxecto en colaboración (HEXAFLY-INT) para o desenvolvemento dun Vehículo experimental de test de vóo (EFTV, polas súas siglas en inglés) para velocidades de Mach 7 que aproveita a propia onda de choque no seu avance atmosférico para 'surfeala'.[33]
En maio de 2020 a ESA anunciou a recollida de ideas para aproveitar o seu proxecto EL3 (European Large Logistics Lander, Gran Módulo Europeo de Alunaxe), que pretende levar misións á superficie da Lúa de xeito regular.[35]
Cosmic Vision
Cosmic Vision é o planeamento da ESA para o período 2015-2025, abranguendo diversas misións, como a Solar Orbiter (primeira misión asignada a Cosmic Vision), en conxunto coa NASA, que comezará a operar en 2010.[36][37]
Outros apartados
A ESA mantén ademais abertas oficinas sobre diversos temas, como a Prevención de Refugallos Espaciais e a Oficina de Refugallos Espaciais, que publica un informe anual sobre o lixo espacial.[38] Asemade, proporciona información diversa, entre ela sobre parámetros relacionados co cambio climático, para o que ten un portalArquivado 26 de outubro de 2020 en Wayback Machine..[39]
Contribúe con axencias e institucións de diversos países ó lanzamento dos seus propios satélites, como no caso de SEOSAT-Ingenio.[40]
Asemade, participa en desenvolvemento diversos, como ocorre a través do ESA’s Navigation Innovation and Support Programme (NAVISP) para desenvolver a intelixencia artificial arredor da condución autónoma,[41] e en colaboracións con outras axencias espaciais, non só coa NASA, coa que xa ten colaborado en numerosas ocasións, senón con outras axencias como a CAS (China), coa que leva a cabo o Balloon boom en 2022.[42]
O 28 de febreiro de 2022, no marco das sancións internacionais contra Rusia, a ESA suspende a colaboración coa axencia rusa Roscosmos, despois de serlle negados varios impulsores Soiuz, o que afecta entre outros, ó programa que ten como obxectivo Marte.[43]
Aínda co plan Cosmic Vision 2015-2025 en marcha, e tendo en conta que do comezo da concepción dunha misión ata o cumprimento dos seus obxectivos e obtención de resultados científicos poden pasar vinte anos, no 2019 comeza a traballar no programa Voyage 2050, que pretende deseñar os pasos que a ESA dará no período 2035-2050, anunciando por primeira vez o comezo dunha consulta pública.[45] En 2023 ten prevista a misión "Explorador da Ligazón Vento Solar-Magnetosfera-Ionosfera" (SMILE), en colaboración entre Europa e a China, que profundizará na relación Sol-Terra.[46]
Amais das misións espaciais, a ESA procura a difusión do seu traballo, a aplicación da tecnoloxía espacial (como no caso do reciclado de auga no espazo, baseado no MELiSSA (Micro-Ecological Life Support System Alternative) aplicado en diversos lugares na superficie terrestre[47]), a aplicación da intelixencia artificial para predicir o futuro terrestre[48] e o ensino do espazo, entre outras actividades,[49] lanzando diversas campañas.[50][51]