axencia espacial, national bureau magaged by minister commissions of State Council, name externally reserved by institution, name externally reserved by institution e name externally reserved by institution
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
A Administración Espacial Nacional Chinesa (CNSA polas súa siglas en inglés; en chinés: 国家航天局; en pinyin: Guójiā Hángtiān Jú) é a axencia espacial nacional da China, responsábel do programa espacial nacional. A China lanzou o seu primériro satélite o 24 de abril de 1970, o Dong Fang Dong (DFH-1), que durou 26 días en órbita, nunha operación da Academia de Tecnoloxía Espacial Chinesa (CAST polas súas siglas en inglés) dirixida por Qian Xuesen.[1]
Historia
A CNSA creouse en 1993, ao separarse da axencia aeroespacial.
O 14 de outubro de 2003 converteuse na terceira axencia en enviar un home ao espazo, o tenente coronel Yang Liwei. En 2007 lanzou a súa primeira misión á Lúa; a Chang'e 1.
En xullo de 2020 lanzou a súa primeira misión a Marte, Tianwen-1 ("Preguntando ós ceos").[2] No 2021 trouxo as súas primeiras mostras de chan da Lúa a misión Chang'e-5.[3]
A axencia mantén diversas colaboracións, entre elas, coa ESA, coa que en 2022 leva a cabo o Balloon boom.[4]
Estación de Espazo Profundo (Neuquén, Arxentina), parte da Rede de Espazo Profundo da China.[5]
Notas
↑Zajec, Olivier (maio 2013). "Las ambiciones de Pekín trastocan el reparto del poder espacial y nuclear". Le Monde diplomatique en Español (211): 18–19. ISSN1888-6434.