O circuíto de Zolder, tamén coñecido como Terlaemen, é un autódromo de 3.977 metros de extensión situado en Heusden-Zolder, Bélxica.
Foi construído en 1963 e acolleu o Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 en 10 ocasións durante as décadas de 1970 e 1980. O piloto canadense Gilles Villeneuve morreu durante as clasificacións no Gran Premio de Bélxica de 1982.
Zolder utilízase actualmente en numerosas competencias de camións, monoprazas, turismos e gran turismos, entre elas o Campionato de Europa de Camións, a Champ Car World Series e o Campionato FIA GT.
Record: N.Lauda (2 Veces)