Gunnar Nilsson

Modelo:BiografíaGunnar Nilsson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de novembro de 1948 Editar o valor en Wikidata
Helsingborg, Suecia Editar o valor en Wikidata
Morte20 de outubro de 1978 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro do testículo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCarreira automobilística, carro de Fórmula 1 (pt) Traducir, Fórmula 1 e carreira de Fórmula 1 Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónenxeñeiro, piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata

Gunnar Nilsson, nado en Helsingborg o 20 de novembro de 1948 e finado en Londres o 20 de outubro de 1978, foi un piloto Sueco.

Traxectoria

Antes de entrar na Fórmula 1, gañou o Campionato Británico de Fórmula Tres de 1975. Nilsson participou en 32 carreiras de Fórmula Un, clasificándose para todos eles. Gañou unha carreira, o Gran Premio de Bélxica de 1977, batendo a Niki Lauda e a Peterson, pero, a partir de entón, a súa condución perdeu garra a enfermidade comezara a atenazarlle. Ao detectar as súas cefaleas, o seu compañeiro de equipo en Lotus Mario Andretti aconselloulle unha urxente revisión médica, aínda que xa era tarde. Sen resignarse a un final sen esperanza, Nilsson fichou en 1978, por Arrows, pero nunca estivo o suficientemente ben como para pilotar o coche. Competiu en tres carreiras International Race of Champions (IROC) en 1978. Acadou dous sextos lugares e un quinto posto.[1]

Caeu en coma en outubro e morreu un mes antes de cumprir os 30 anos. Ronnie Peterson avantaxoulle en 39 días en cruzar a meta final. Nilsson quixo contribuír a portar o ataúde do seu antigo heroe, pero o seu estado xa non llo permitía e, cariñosamente, James Hunt e Emerson Fittipaldi tiveron que disuadilo.

Nos últimos meses, Nilsson perdera 30 kg de peso e todo o pelo, a causa do tratamento de quimioterapia, pero conservou o ánimo, traballou persoalmente nunha fundación contra o cancro (para a que recadou preto dun millón de dólares) e anunciou que se reintegraría ao Gran Circo da fórmula 1 en 1979. Nos seus últimos días negouse a ser drogado e afrontou o final con completa lucidez.

Morreu de cancro testicular en Londres en 1978. Logo da súa morte, a súa nai, Elisabeth Nilsson, creou o Fundación Gunnar Nilsson contra o cancro.

Gunnar Nilsson está enterrado no cemiterio Pålsjö en Helsingborg, Suecia, preto dos seus pais Arvid e Elisabeth Nilsson.

Resultados Completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos Puntos
1976 John Player Team Lotus Lotus 77 Cosworth V8 BRA
RSA
Ret
USW
Ret
ESP
3
BEL
Ret
MON
Ret
SWE
Ret
FRA
Ret
RU
Ret
ALE
5
AUT
3
NED
Ret
ITA
13
CAN
12
USA
Ret
XPN
6
10º 11
1977 John Player Team Lotus Lotus 78 Cosworth V8 ARX
NTS
BRA
5
RSA
12
USW
8
ESP
5
MON
Ret
BEL
1
SWE
19
FRA
4
RU
3
ALE
Ret
AUT
Ret
NED
Ret
ITA
Ret
USA
Ret
CAN
Ret
XPN
Ret
20

Notas

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!