O Gran Premio de Italia de 1977 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no Autodromo Nazionale Monza o 11 de setembro de 1977. Foi a décimo cuarta proba da tempada de 1977, o 46º Gran Premio de Italia e o 43º que se celebrou en Monza.
O feito de que Ferrari correra en casa non impediu que fora James Hunt, quen lograra a pole, mentres que Carlos Reutemann animou aos afeccionados locais ao comezar o segundo por diante de Jody Scheckter terceiro Mario Andretti cuarto e Niki Lauda quinto. Scheckter conseguiu o liderado cun comezo brillante, seguido por Clay Regazzoni, James Hunt, Mario Andretti, Carlos Reutemann, Niki Lauda e Jochen Mass. Pero Regazzoni non tiña ritmo e pronto perdeu postos, mentres Mario Andretti estaba avanzando, pasando a Hunt na segunda volta, e a Scheckter unhas voltas despois, para tomar o liderado. Hunt perdeu posicións con problemas de freos a medida que avanzaba a carreira, e Scheckter retirouse cando o seu motor fallou, deixando a Reutemann e Niki Lauda segundo e terceiro. Lauda pronto pasou a Reutemann, que tivo que retirarse cando trompeou a causa dunha mancha de aceite na pista deixada polo coche do debutante Bruno Giacomelli, deixando terceiro a Alan Jones. A carreira rematou nesa orde; con Andretti logrando a vitoria sobre Lauda, e Jones, quen logrou o seu segundo podio en tres carreiras .