Fillo de galegos, é catedrático de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela. Investiga sobre a xeomorfoloxía glacial e periglacial, a xeomorfoloxía costeira, a climatoloxía, a paleoclimatoloxía e a cartografía dixital. É membro da Asociación de Geógrafos Españoles e da Sociedad Española de Geomorfología, e foi fundador e primeiro presidente da Sociedade Galega de Xeografía. Foi premio Trasalba en 2002.
Obras
Selección:
Testimonios de climas semiáridos en el Cuaternario gallego, 1979.