Antón Figueroa Lorenzana, nado en Chantada en 1943, é un profesor e teórico literario galego.
Catedrático de Literatura Francesa na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Figueroa mantén unha constante preocupación pola renovación metodolóxica dende as teorías da recepción ata o concepto de campo literario. É membro do consello de redacción da revista A Trabe de Ouro.