A zona especial de conservación do río Tea é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe á meirande parte do leito fluvial do río Tea, e parte de afluentes seus como os ríos Alén, Xabriña ou o rego de Borbén. Esta área de conservación ocupa 356,38 ha. de concellos das comarcas do Condado, da Paradanta e Vigo, e pasa polas vilas de Mondariz-Balneario, Mondariz e Ponteareas. Remata coa desembocadura do río Tea no Miño, uníndose así coa ZEC Baixo Miño.[1][2][3][4][5]
O espazo protexido destaca polos arboredos de ribeira con abeneiros e as carballeiras conservadas, e pola a presenza do salmón atlántico.[5]
A área de conservación ocupa 356,38 ha. de concellos das comarcas de do Condado, pois comeza en Covelo; da Paradanta, pois discorre por Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas e Salvaterra de Miño; e de Vigo, pois discorre por Fornelos de Montes e Pazos de Borbén.[4]
O espazo abrangue a case totalidade do río Tea. Comeza polo leste en Covelo cubrindo parte da ribeira do rego de Fofén, que é afluente do río Tea. Outra área protexida é a do o río Alén, que é un tributario do Tea e que xungue con este entre Covelo e Mondariz. O treito protexido do Alén comeza no río da Portela do Foxo en Fornelos de Montes e continúa polo Alén cara ao sur. Ademais, na raia entre Mondariz e Mondariz-Balneario únese outro treito protexido, o do río Xabriña, e que procede do sur de Mondariz. Ao chegar ao concello de Ponteareas o Tea recibe ao rego de Borbén, que decorre desde Pazos de Borbén ata chegar alí. Arredor do sur da vila de Ponteareas o espazo abrangue tamén un pequeno afluente, o regato de Bouza.[4]
Desde Ponteareas o Tea continúa dirección sur ata chegar ao Miño en Salvaterra, desembocando á altura da illa de Fillaboa. A desembocadura no Miño supón a unión coa ZEC Baixo Miño.[4]
O río Tea limítase a cubrir só aos leitos de río e algunha cabeceira, como o caso de áreas en Covelo. Os hábitats de interese de protección que destacan nel son as formación herbosas naturais ou non naturais, como os prados; e algunhas formación rochosas e covas e bosques de encostas, que son mixtos e con especies caducifolias como os freixos ou lamigueiros.[4][3][5]
O espazo natural está dominado pola flora acuática e de leitos do río, dos bosques de ribeira de abeneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior) e as carballeiras galaico-portuguesas de carballos (Quercus robur) e cerquiños (Quercus pyrenaica). Destacan tamén pola súa importancia algúns bosques de encostas e as pseudo-estepas de gramíneas anuais.[4][3][5]
Entre as especies presentes do catálogo galego de especies ameazadas están[4][3][5]:
Neste espazo atópanse 23 especies de especial interese de conservación[6]. Destacan os odonatos Oxygastra curtisii, Macromia splendens e Cerambyx cerdo, os sapoconchos común (Emys orbicularis) e o riscado (Mauremys leprosa) ou algunhas aves, como a en perigo de extinción como a tartaraña cincenta (Circus pygargus)[7].[4][3][5]
Os ríos do espazo natural teñen interese piscícola grazas á presenza de salmón atlántico (Salmo salar).[4][3][5]
As especies de fauna de interese de conservación, como indica o anexo II da Directiva 92/43/CEE, presentes son[4][3][5]:
O río Tea foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 dentro da rexión atlántica e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.[4][3][5]