San Miguel de Ponteareas é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas na comarca do Condado. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 12.398 habitantes (5.928 homes e 6.470 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 6.763 habitantes.
Patrimonio
A cidade de Ponteareas é unha poboación moderna que non presenta tanto interese monumental como algunhas das súas parroquias. Con todo son interesantes a ponte medieval dos Remedios, construída no século XIII sobre os alicerces dunha antiga ponte romana, a Fonte da Fama e a capela dos Remedios.
O convento franciscano de San Diego de Canedo é un gran complexo monástico relativamente moderno, construído no século XVIII a raíz da doazón do pazo de Canedo por parte de Diego Sarmiento de Soutomaior aos franciscanos, que viron o seu orixinal convento destruído un século antes na guerra con Portugal.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Ponteareas
Parroquias de Ponteareas
Notas
Véxase tamén
Outros artigos