Areas, Ponteareas

Areas
Igrexa parroquial
ConcelloPonteareas[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°11′08″N 8°32′35″O / 42.18554735, -8.54303269
Poboación1.007 hab. (2018)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Areas é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 1007 habitantes (504 mulleres e 503 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 1.091 habitantes.

Historia

A parroquia foi entregada á Igrexa de Compostela polo Rei Afonso III, nos anos 893 e 899.

Patrimonio

A igrexa de Santa María de Areas foi levantada en 1878, para substituír a antiga situada na Fox, no lugar de Ganade e que, debido á súa proximidade ao Río Tea, sufría frecuentes inundacións. Nela sobresae un retablo de pedra adicado á Virxe das Dores e da Paixón do Señor, obra do canteiro José Cerviño García.

A capela de San Brais é do século XVII e a de Santa Lucía do século XVIII.

O pazo de Porto Barreiro, dos Ponce de León, na súa maioría obra do século XVIII.

Demografía

Anos 2018 2017 2016 2015 2014
Homes 503 500 508 511 518
Mulleres 504 513 508 507 516
Total 1007 1013 1016 1018 1034

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Areas

Lugares da parroquia de Areas no concello de Ponteareas (Pontevedra)

Agualevada | Alemparte | A Cruz | Ganade | A Gándara | A Lomba | O Peso | O Picoto | San Brais

Parroquias de Ponteareas

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Ponteareas

Angoares (San Pedro) | Arcos (San Breixo) | Areas (Santa María) | Arnoso (San Lourenzo) | Bugarín (Santa Cristina) | Celeiros (San Fins) | Cristiñade (San Salvador) | Cumiar (Santo Estevo) | Fontenla (San Mamede) | Fozara (San Bartolomeu) | Guillade (San Miguel) | Guláns (San Xulián) | Moreira (San Martiño) | Nogueira (San Salvador) | Oliveira (Santiago) | Padróns (San Salvador) | Paredes (San Cibrán) | Pías (Santa Mariña) | Ponteareas (San Miguel) | Prado (San Nicolao) | Ribadetea (San Xurxo) | San Lourenzo de Oliveira (San Lourenzo) | San Mateo de Oliveira (San Mateo) | Xinzo (Santa Mariña)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!