Xosé Manuel Sabucedo Cameselle, nado en Vigo o 15 de febreiro de 1954, é un psicólogo galego.
Traxectoria
Licenciado e doutor en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, é catedrático dende 1993. É profesor do Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía da Facultade de Psicoloxía, da que foi decano. Traballa sobre autoritarismo e actitudes políticas, participación e movementos sociais e violencia política. Foi premio de Investigación Social da Xunta de Galicia en 2006 e Premio Eugenio Montero Ríos de Investigación Social en 2010. É presidente da Sociedad Científica Española de Psicología Social (SCEPS)[1].
Obras
- Autoritarismo y actitudes socio-políticas, 1985.
- Psicología política, 1996
- Fundamentos de psicología social, 1997.
- Do descontento á acción, 2004 (con Concha Fernández).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas