Xosé Luís Martínez Pereiro, nado na Coruña en 1959, é un escritor galego.
A súa actividade repártese entre a narrativa, o teatro e o debuxo humorístico. Ten publicado cadriños en revistas como Can Sen Dono, XO!, A voz que para as bestas, O Farelo, os periódicos A Peneira e A Nosa Terra e varias antoloxías de humor gráfico. Publicou tamén relatos neste último semanario e en Agália.
Desde 2003 ten participado en numerosas revistas e exposicións internacionais sobre humor.
É irmán de Carlos Paulo Martínez Pereiro.