O Premio Narrativa Breve Repsol é un premio literario creado en 2006 pola refinaría de Repsol da Coruña e impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Está dotado con 12 000 euros, en compensación polos dereitos de explotación da primeira edición en lingua galega de até un máximo de 1.500 exemplares do texto gañador, a cargo da Editorial Galaxia[1]. O patrocinio dun certame literario por parte dunha empresa petroleira foi sinalado polo Observatorio Galego da Acción Climática como práctica de greenwashing.[2][3]
Obra premiada
- 2006: Miguel Sande, Se algún día esta muller morta
- 2007: Anxos Sumai, Así nacen as baleas
- 2008: Xosé Luís Martínez Pereiro, A verdade como mal menor
- 2010: Xurxo Sierra Veloso, Os fíos
- 2011: Fernando Díaz-Castroverde, Microbios e outros paquidermos
- 2012: María López Sández, A forma das nubes
- 2013: Berta Dávila, O derradeiro libro de Emma Olsen
- 2014: Santiago Lopo, A diagonal dos tolos
- 2015: Marcos Calveiro, Fontán
- 2016: Daniel Asorey, Nordeste
- 2017: Xosé Antonio Neira Cruz, O sono das sereas[4]
- 2018: Antón Lopo, Extraordinario[5]
- 2019: Gonzalo Hermo, Diario dun enterro[6]
- 2020: Berta Dávila, Illa Decepción.[7]
- 2021: Xosé Monteagudo, Eternity.[8]
- 2022: Alberto Ramos, Os Corpos de Romanov.[9]
Notas