Xosé Francisco Armesto Faginas, nado en Tui o 5 de outubro de 1945 e finado en Vigo o 3 de novembro de 2006, foi un escritor e xornalista galego.[1]
Traxectoria
Formado na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid, licenciouse despois en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Tamén estudou historia, doutorándose en Historia Contemporánea Española.[2] Empezou traballando con colaboracións nos diarios madrileños (Pueblo e Madrid).[2] De volta a Galicia, traballou como correspondente do diario catalán La Vanguardia,[2] redactor en El Pueblo Gallego, La Voz de Galicia e Faro de Vigo, do que foi nomeado director en 1978 en substitución de Xosé Landeira Yrago. Deixou a dirección de Faro de Vigo en 1986 e foi substituído por Ceferino de Blas.[1] Foi o primeiro director de El Pope (1973).
Foi director do Museo de Castrelos e da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.
Obra
Recoñecementos
Notas
Véxase tamén
Bibliografía