Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes.
Foi un autor moi prolífico. Escribiu obras de economía e panfletos antigubernamentales desde 1870 ata a chegada de Mussolini para criticar o intervencionismo e a falta de democracia. Na súa primeira etapa intelectual, que logo tomaría outro xiro, foi continuador dos neoclásicos e demócrata radical.
En socioloxía foi un grande innovador. Desprezou algúns postulados económicos (pensamento 100% racional) desde a socioloxía, tomando en consideración os elementos residuais instintivos, non lóxicos nin racionais.
Política
Para Pareto hai dúas clases de homes: raposos e leóns. Os raposos son calculadores, pensadores e materialistas, mentres que os leóns son conservadores, idealistas, resolven pola forza e burocráticos.
Introduce o concepto de elite. Para Pareto a elite son os mellores da sociedade. A elite non é hereditaria, e polo tanto haberá unha circulación de elites.
Tamén usa o concepto noutro sentido, no sentido de quen goberna. O ideal sería que coincidise a elite funcional (os mellores) coa elite do poder. Pero isto non é completamente así, pois hai quen goberna sen ser elite (por influencias, familia...) Cando hai demasiados que gobernan sen ser da elite funcional, chega a decadencia e o colapso: "A historia é un cemiterio de aristocracias".
A elite do poder péchase fronte a nova elite que xorde da masa pero acaba sendo substituída. É un ciclo. Pode suceder a través dunha revolución ou por substitución gradual.
Unha boa elite é onde hai un bo equilibrio entre raposos e leóns. Cando hai moitos raposos na elite os leóns rebélanse, e viceversa. Cando unha elite é decadente débese exterminar; a elite debe ser de calidade e circulante.
Pareto influíu moito sobre o fascismo italiano. Os fascistas intentaron apropiarse de Pareto, e Pareto en certo xeito correspondeulles (Mussolini nomeouno senador vitalicio), malia estar en desacuerdo con algunhas das súas políticas.