A Microeconomía (do prefixo grego mikro-, que significa "pequeno" e economía) é unha rama da economía que estuda o comportamento das familias e as empresas na toma de decisións sobre a asignación de recursos limitados.[1] Normalmente, aplícase aos mercados de bens e servizos que se mercan e se venden. A microeconomía examina como estas decisións e comportamentos afectan á oferta e demanda de bens e servizos, que determinan os prezos, e como os prezos, á súa vez, determinan a cantidade ofrecida e a cantidade demandada de bens e servizos.[2][3]
Isto contrasta coa macroeconomía, que implica "a suma total da actividade económica, tratando cuestións de crecemento, inflación, e desemprego."[2] A microeconomía tamén se ocupa dos efectos das políticas económicas (como os cambios dos impostos) nos aspectos económicos nomeados anteriormente.[4]