Vangelis |
|
Nacemento | (el) Ευάγγελος Οδυσσέας Παπαθανασίου 29 de marzo de 1943 Agria (Estado Helênico)
|
---|
Morte | 17 de maio de 2022 (79 anos) París (Francia)
|
---|
Causa da morte | morte natural |
---|
Lugar de sepultura | Cemiterio do Père-Lachaise |
---|
Outros nomes | Vangelis Βαγγέλης |
---|
Educación | Athens School of Fine Arts (en) Lycée Léonin (en) |
---|
|
Campo de traballo | Música cinematográfica, música instrumental, arranxo e arranging (en) |
---|
Lugar de traballo | Atenas París Londres |
---|
Ocupación | compositor de bandas sonoras, compositor, pintor, produtor musical, teclista, músico |
---|
Período de actividade | 1963 - 2022 |
---|
Membro de | |
---|
Xénero artístico | New age, rock progresivo, música electrónica, música ambiente e música cinematográfica |
---|
Profesores | Aristotelis Koundouroff (en) |
---|
Instrumento | Piano, sintetizador, Instrumento de percusión e Yamaha CS-80 (en) |
---|
Selo discográfico | RCA Deutsche Grammophon Atlantic Records Universal Music Group |
---|
Compañeiro profesional | Jon Anderson: Jon & Vangelis (pt) Demis Roussos (pt) : Aphrodite's Child Loukas Sideras (en) : Aphrodite's Child |
---|
|
Obras destacables |
|
|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, Polskie encyklopedie (en) >>>:Wangelis, lang: lingua polaca |
---|
|
Evangelos Odysseas Papathanassiou, máis coñecido como Vangelis, nado en Volos o 29 de marzo de 1943 e finado en París o 17 de maio de 2022, foi un teclista e compositor grego de música electrónica, orquestral, ambient, new age e rock progresivo. Entre as súas obras máis célebres destacan as partituras orixinais dos filmes Chariots of Fire, gañador do Oscar á mellor banda sonora,[1] Blade Runner (1982)[2] e 1492: Conquest of Paradise (1992).[3]
Traxectoria
A súa música caracterízase polo uso de sintetizadores e ocasionalmente instrumentos acústicos para crear atmosferas de son envolvente, nun ton xeralmente grandioso e solemne. Adoita incluírse a súa música entre as chamadas novas músicas ou, máis amplamente, como música clásica contemporánea. En calquera caso, a diversidade e a complexidade da obra contida na súa discografía fai difícil a súa catalogación como artista puramente New Age, xa que mesmo está considerado como un dos pioneiros da vangarda da música electrónica nada a mediados da década de 1970.[4]
Aínda que algúns dos seus traballos máis coñecidos pertencen ao mundo do cinema e a televisión, Vangelis logrou recoñecemento tanto polas súas bandas sonoras como polos seus discos de estudio. Entre as súas obras atópanse ademais varias creacións para obras de teatro, como Electra (1983), Medea (1992), Troianas (2001) e A tempestade (2002), e para ballet: R. B. Sque (1983), Frankenstein: Modern Prometheus (1985) e The Beauty and the Beast (1986).[5]
Desenvolveu de forma paralela unha carreira como pintor,[6] e realizou varias exposicións internacionais.[7] As súas achegas a diversos proxectos de interese cultural afianzárono como unha personalidade de considerable peso nos medios, especialmente na súa Grecia natal.[8]
Na súa honra, a Unión Astronómica Internacional deu o seu nome ao asteroide (6354) Vangelis.[9]
Notas
- ↑ Manrique, Diego A. (7-4-2004). "'Carros de fuego', de Vangelis". Diario El País (en castelán). Consultado o 21-1-2018.
- ↑ Elvira, Álvaro P. Ruiz de (28-6-2012). "‘Blade Runner’, 30 años de búsqueda de humanidad". Diario El País (en castelán). Consultado o 21-1-2018.
- ↑ Martinez, Diana (26-12-2016). "Vangelis con perspectiva berciana". La Nueva Crónica (en castelán). Consultado o 21-1-2018.
- ↑ Quid, Luis (18-7-2016). "Vangelis: el músico griego que dejó su huella en la electrónica". Thump (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26-10-2017. Consultado o 21-1-2018.
- ↑ Dennis Lodewijks & Sufian (23-8-2013). "Elsewhere: Other music by Vangelis". www.elsew.com (en inglés). Consultado o 21-1-2018.
- ↑ "Vangelis, la música paralela a la pintura". www.diariolibre.com (en castelán). Consultado o 21-1-2018.
- ↑ Vicent, Mauricio (30-10-2004). "Vangelis muestra su pintura en La Habana". Diario El País (en castelán). Consultado o 21-1-2018.
- ↑ Zafra, Ignacio (26-11-2005). "Noguera pregunta cuánto ha costado la gira de obras de Vangelis por América". Diario El País (en castelán). Consultado o 21-1-2018.
- ↑ Chamberlin, Alan. "JPL Small-Body Database Browser". ssd.jpl.nasa.gov (en inglés). Consultado o 21-1-2018.
Véxase tamén
Ligazóns externas