Trasar de Carballo é un lugar da parroquia de Cartelos, no concello lugués de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2017 tiña 38 habitantes, en 2018 33 e en 2020 28 (14 homes e 14 mulleres).
Segundo Ferro Ruibal, Trasar deriva do antropónimo Trassarius, o nome do primeiro propietario dunha explotación agropecuaria, que se chamaba Trasario. No século XII o lugar xa aparece documentado con este nome, e hai noticia dun Petrus Iohannis de Trasar do século XIII.[1]. Carballo é un fitónimo que fai referencia á árbore abundante na zona, que ten a súa orixe no prerromano *carba[2].
Nomes concretos[3] dos eidos con indicación do polígono e parcela (SIXPAC):
O Areal (pol. 22, par. 566), O Arransallo (pol. 6, par. 380, 382, 383), Augaboa (pol. 23, par. 201), As Batocas (pol. 6, par. 297), A Bubaíña (pol. 6, par. 554, 557, 558), As Bouzas (pol. 6, par. 369 e pol. 22, par. 520), Os Buratos do Zorro (pol. 22, par. 507), Casouril (pol. 22, par. 490), Cazabois (pol. 6, par. 222), O Cazarrete (pol. 23, par. 287), A Cerrada do Pataqueiro (pol. 6, par. 579), O Chao do Carballo (pol. 6, par. 352), Os Chaos (pol. 22, par. 558), Os Chousos (pol. 23, par. 238), Coiras (pol. 22, par. 29), Cortiñas (pol. 22, par. 530, 531, 527), A Costa (pol. 6, par. 562), O Coto (pol. 22, par. 546), As Cubelas (pol. 6, par. 371), Os Currás (pol. 6, par. 317), Debaixo da Uceira (pol. 22, par. 545), A Devesa (pol. 22, par. 546), A Devesa Vella (pol. 22, par. 512), Ferradás (pol. 22, par. 627), O Fondo do Agro (pol. 22, par. 452), A Fonte Dominga (pol. 6, par. 309), A Forca (pol. 6, par. 144), A Horta de Riba (pol. 22, par. 684), As Hortas (pol. 22, par. 727), A Lama da Pireira (pol. 22, par. 611), Lama Cova (pol. 22, par. 552), A Lama do Zorro (pol. 22, par. 551), Lama Redonda (pol. 22, par. 550), Lama Travesa (pol. 22, par. 537), As Lamas (pol. 7, par. 481), O Lameiro (pol. 22, par. 701), A Lamela (pol. 22, par. 726), O Lavadoiro (pol. 22, par. 625), A Leira da Cruz (pol. 22, par. 716), Libureiras (pol. 23, par. 19), Os Lobos (pol. 6, par. 244), O Monte Arrieiro (pol. 6, par. 270), O Monte Calvo (pol. 6, par. 247), O Muíño (pol. 22, par. 502, 505), A Nabeira Nova (pol. 22, par. 602), O Outeiro (pol. 22, par. 606), A Paradela (pol. 6, par. 292), Paramios (pol. 6, par. 359), As Pistelas (pol. 22, par. 21), Portacales (pol. 22, par. 547), O Pradiño (pol. 22, par. 710), O Prado de Riba (pol. 22, par. 634), O Prado de Baixo (pol. 22, par. 537), A Purreira (pol. 6, par. 283), A Rebouza (pol. 23, par. 243), A Regaña (pol. 6 par. 240), Os Regos (pol. 6, par. 127), A Revolta (pol. 22, par. 651, 652, 654), O Rexidor (pol. 6, par. 383), As Rigueiras (pol. 22, par. 660, 665), O Rolleiro/Rulleiro (pol. 22, par. 643, 638), Os Salgueiriños (pol. 6, par. 320), Suashortas (pol. 22, par. 700), Tras das Airas (pol. 22, par. 601, 592), O Val (pol. 22, par. 663), Valderredes (pol. 22, par. 315), A Villerma (pol. 22, par. 670), A Voutureira, A Zanca (pol. 6, par. 721, 189), Os Zorros (pol. 22, par. 539).
No Catastro de Ensenada de 1753 xa figuran nomes de eidos en Trasar de Carballo: Lodeiro, Outeiro, Ferradás, Portacales, Palleiro, Lama, Lamela, Agro, Currás, Rollo, Rolleiro, Pereira, Pereiras, Campo, Val, Verea/Berea, Coto, Chan/Chau, Baixo, Porra, Porreira, Branca/Banca (ou Carvallo, nunha finca), Revolta, Frea, Salgueiriños, Villerma, Carvallo, Soanabeira.[4].
Peto de ánimas de Trasar de Carballo[5]: Peto que presenta un fornelo rectangular e arqueado. O retablo está tallado en pedra sen policromía e representa as ánimas no purgatorio. O tellado presenta unha cúpula coroada por unha cruz e a ámbolos lados da cúpula dous pináculos coroados por sendas bolas. Pertence ao século XVII[6].
En Trasar de Carballo naceron os escritores Emilio Álvarez González e Anxo González Guerra; tamén o cura galeguista do Incio Anxo González González.[7]
Os de Trasar matan a besta, os de Lobelle cómena fresca, e os de Quintá mandaron recado que lles gardaran mitá do rabo. ![8]
os de Lobelle cómena fresca,
e os de Quintá mandaron recado
Cartelos | A Casa do Barrio | A Laxa | Trasar de Carballo | Vilaguillulfe
Aguada (Santa Baia) | Buciños (San Miguel) | Carballedo (Santa María) | Cartelos (Santo Estevo) | Castro (San Cristovo) | Chouzán (Santo Estevo) | A Cova (San Xoán) | Erbedeiro (San Pedro) | Furco (San Gregorio) | Lobelle (San Cristovo) | Lousada (Santiago) | Marzás (Santa María) | Milleirós (San Xoán) | Oleiros (San Miguel) | Pradeda (Santiago) | San Mamede de Lousada (San Mamede) | San Romao de Campos (San Romao) | San Salvador de Búbal (San Salvador) | Santa Baia de Búbal (Santa Baia) | Santa Cristina de Asma (Santa Cristina) | Santa Mariña do Castro (Santa Mariña) | Temes (Santa María) | Veascós (Santa Mariña) | Vilaquinte (Santa María)