Santo Estevo de Cartelos é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo da comarca de Chantada. En 2020, segundo o INE, tiña 54 habitantes (26 homes e 28 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación; en 2017, 66. Segundo o IGE en 2011 tiña 65 e en 1999 91.
Toponimia
A orixe do topónimo pode aludir a descendentes do nome persoal no latín vulgar Quartellus/Quartillus, diminutivo de Quartus. O Padre Sarmiento coidaba que Cartel /Cartelos eran síncope de Caritelos ou caracteres.[2].
Patrimonio
Nesta parroquia atópase unha das árbores senlleiras de Galicia, o Carballo de Cartelos[3]. É da especie Quercus Ruber L., mide 36 metros de alto e o seu toro ten un diámetro de 3,6 metros na base.O toro ten un volume de madeira de aproximadamente 103 metros cúbicos e pesa 113 toneladas. A proxección sobre o chan ocupa 614 metros cadrados (máis dun ferrado).[4] Nesta carballeira rodouse en 1995 a película hispanoarxentina La ley de la frontera. Está moi próximo ao Pazo de Cartelos[5].